Fantástico exercicio de equilibrio do alumnado de 1ºEP, tan pequeniños e o esforzo que amosan!!!
domingo, 5 de febrero de 2023
CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS ESCOLAR 2022-23
Dentro do programa Xogade, o 1 de febreiro viaxamos ata Portas (Pontevedra) para participar coas clases de 5ºEP e 6ºEP (clasificadas nas carreiras zonais) no Campionato Provincial de Cross Escolar. Grande esforzo de todos os alumnos e alumnas polo que estamos moi orgullosos da vosa participación. Parabéns!!!
miércoles, 21 de diciembre de 2022
CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR 2022-23
A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organizou o día 18 de decembro o XXIII Cross Escolar do Val Miñor 2022-23. Participamos nas diversas categorías e, a pesar do vento que fixo, participaron moitos nenos e nenas do cole.
Parabéns a todos e todas polo esforzo realizado!!!
lunes, 5 de diciembre de 2022
CIRCUÍTO DE FORZA 6ºEP
Circuíto de forza elaborado polos propio alumnado.
Que maneira de traballar!!!
martes, 15 de noviembre de 2022
CAMPIONATO XOGADE CAMPO A TRAVÉS EN HORARIO LECTIVO 2022-2023
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en colaboración coas Agrupacións Deportivas Escolares organizaron esta competición de campo a través destinada ao alumnado dos Centros Educativos participantes no programa XOGADE.
A finalidade desta actividade é a dinamización e promoción do Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado desde 2ºEP ata 6ºEP. Levouse a cabo en horario lectivo, o 11 de novembro na praia de Ladeira (Baiona).
Parabéns para os nosos chicos e chicas que fixeron unhas carreiras enormes!!!
jueves, 8 de septiembre de 2022
INICIO CURSO 2022-23
COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR 2022-23, PERO XA SEN MÁSCARA!!!
MATERIAL NECESARIO DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA

- Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…)
- Calzado axeitado para realizar exercicio físico.
- Material de aseo: toalla pequena, xabón ou xel e outra camiseta limpa.
sábado, 11 de junio de 2022
VISITA DO CLUB SEIS DO NADAL DE BALONMÁN
O club Seis do Nadal de Balonmán cos adestradores Guillermo e Irene, visitounos os días 8 e 10 de xuño para realizar xogos predeportivos relacionados co balonmán.
Velaquí unha mostra dos xogos realizados:
miércoles, 27 de abril de 2022
CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIAL PARA 4ºEP E 5ºEP
Hoxe tivemos a sorte de contar con Aser Estévez, corredor do Ciclismo Oiense e o alumnado de 4ºEP e 5ºEP practicou un circuíto de habilidades coas súas bicicletas. Grazas ás familias pola colaboración!
Aquí unha mostra da sesión:
jueves, 24 de marzo de 2022
VISITA DO CLUB DE FÚTBOL FEMININO LÓSTREGO

Nos próximos días virán tamén para os cursos de 5º e 6º.
Seguro que moitas das nenas do cole xa están desexando ir aos adestramentos porque a parte práctica foi moi divertida como podedes comprobar no seguinte vídeo.
Grazas Ana, Alex e Gabi polo traballo que desenvolvedes a prol da igualdade de sexos:
miércoles, 9 de marzo de 2022
VELOCIDADE
Aquí un exemplo de como traballar a velocidade de forma lúdica:
lunes, 14 de febrero de 2022
SEMANA DE BOLOS CELTAS CON BLANCA LAGO
Na semana do 7 ao 11 de febreiro tivemos a sorte de ter no Centro á Campiona de España e Galega de bolos celtas, Blanca Lago, pertencente ao Club de Bolos Celtas A Estivada de Baiona.
Aprendimos moitas cousas deste xogo tradicional e das súas variedades. No seguinte vídeo podedes apreciar como foi a semana:
lunes, 20 de diciembre de 2021
XXII CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR 2021
A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organizou o día 19 de decembro o XXII Cross Escolar do Val Miñor 2021. Participamos dunha xornada moi deportiva con moitos nenos e nenas do colexio, a pesar de que houbo algunhas baixas producidas pola Covid.
lunes, 13 de septiembre de 2021
INICIO DO CURSO 2021-22
MATERIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA
lunes, 25 de enero de 2021
miércoles, 14 de octubre de 2020
HABILIDADES E DESTREZAS MOTRICES
As habilidades e destrezas motrices debemos traballalas en todos os cursos, e este ano máis: