martes, 23 de enero de 2018

CROSS PROVINCIAL EN PORTAS (PONTEVEDRA)

O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Atletismo e a Agrupación Deportiva Pontevedra Base, organizaron o Campionato Provincial da modalidade CAMPO A TRAVÉS para Centros Educativos do programa XOGADE. O 23 de xaneiro viaxamos ao Circuito de A AZUCAREIRA (PORTAS) con moitos nenos e nenas doutros coles da provincia e competimos nesta proba que é xa moi moi difícil.
Aínda así, fixémolo moi ben, coñecimos novos amigos e amigas e disfrutamos durante toda a mañá.

Zaira, Alba, Emma e Adhara de 2ºEP e Ivo, Mar, Alba, Enea e Andrea de 3ºEP foron os representantes do cole xa que se clasificaron no anterior cross zonal realizado en Sabarís.
Noraboa!!!