domingo, 30 de abril de 2017

PISCINA, XOGOS ACUÁTICOS, PILATES, TONIFICACIÓN E SPINNING 5º e 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Fantástico traballo físico desenvolvido polos alumnos e alumnas de 5ºEP e 6ºEP durante 8 sesións nas instalacións da piscina da Ramallosa:
tonificación, propiocepción, habilidades e destrezas básicas, spinning, natación e xogos acuáticos, ademais de ter un comportamento 10 nas instalacións. 
Moitas grazas un ano máis á Comunidade de Montes de Vincios por apostar todos os anos por esta actividade. 
Foi un pracer comprobar como disfrutaron da actividade aínda que houbo momentos de sufrimento nalgúns exercicios. 
Noraboa!!! 




miércoles, 5 de abril de 2017

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL COA POLICÍA MUNICIPAL DE GONDOMAR

O 27 de abril os alumnos/as de 3ºEP, 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP tiveron unha sesión teórica de EDUCACIÓN VIAL impartida por membros da Policía Municipal de Gondomar. O 4 de abril por fin chegaron as prácticas. 

Tanto a Policía local como os voluntarios de Protección Civil e un membro da DGT (Dirección Xeral de Tráfico) idearon un circuíto no campo de futbito, co obxectivo de levar á práctica os contidos de seguridade vial traballados: sinais de tráfico, preferencias na circulación, sinalización de maniobras, circulación nas glorietas... Os alumnos/as de 3º e 4º trouxeron as súas bicis e os de 5º e 6º gorazon dos karts da DGT. Sen dúbida, foi unha xornada moi produtiva e pedagóxica que non esqueceremos.
Moitas grazas á Policía Local pola súa dedicación!!!