miércoles, 15 de junio de 2016

VOLTA CICLISTA JUNIOR NO CEIP SERRA VINCIOS

Durante a semana do 6 ao 10 de xuño acudiron monitores da Volta Ciclista a España para amosarlles aos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria a técnica e os valores da bicicleta (esforzo, humildade e respecto). 4 alumnos/as participarán no último quilómetro da etapa que remata en Baiona o 21 de agosto e vivirán en directo as sensacións da Volta.
No seguinte vídeo podedes ver imaxes das sesións e do circuíto que practicou o alumnado:


lunes, 6 de junio de 2016

XOGOS POPULARES EN GONDOMAR PARA 4º DE E. PRIMARIA

Alumnos de 4º de Primaria de 12 colexios do Val Miñor participamos o venres 3 de xuño na tradicional Xornada de Xogos Populares, celebrada no campo municipal das Cercas, en Gondomar.

Desde as 10:00 ata as 13:00 horas, xogamos a: o trompo, a ra, o cacho ou mariola, as bolas, a chave, brancos e negros, a goma, os lombos ou mula, as bombillas, a corda, o marro ou palma, o pano, a petanca, a carreira de sacos, empuxar a corda, os aros, os chinos, as chapas e o pai, fillo, nai.

Este evento organízase a través dos Equipos de Normalización Lingüística dos colexios, que pretende crear un espazo onde os nenos e nenas poidan compartir o galego como lingua para intercambiar as experiencias vividas nas xornadas, á vez que se fomenta o espírito deportivo e os hábitos saudables.

Participamos os colexios Anxo da Garda, Panxón, Humberto Juanes, Carlos Casares, Cruz Camos e Mallón de Nigrán, Fontes, Belesar e Sabarís de Baiona, e Serra-Vincios, Souto Donas e Peitieiros de Gondomar.

Neste enlace do Concello de Gondomar podedes ver o vídeo da xornada: