martes, 17 de noviembre de 2015

CIRCUÍTOS DE HABILIDADES

Os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 6º EP demostran as súas habilidades nos seguintes vídeos:





CONTOS DEPORTIVOS

Preséntovos unha serie de contos para educar valores por medio do deporte. O profe de Educación Física leu "Un bicho raro" aos alumnos/as de 1º EP no momento da lectura, actividade de apadriñamento lector da biblioteca.


miércoles, 4 de noviembre de 2015

TRABALLANDO PROPIOCEPCIÓN

Estes días estamos traballando exercicios de propiocepción nas sesións de Educación Física. A propiocepción fai referencia á capacidade que ten o corpo para detectar o movemento e a posición nas articulacións. É o sentido da percepción da postura e o equilibrio. Entre os seus beneficios: previr lesións, traballar aspectos como a forza, equilibrio, coordinación, flexibilidade, control postural, estabilidade, fortalecer as articulaciones,...
Aquí un circuíto con alumnos/as de 3ºEP:

sábado, 19 de septiembre de 2015

XOGADE: VISITA DO CLUB BALONCESTO AIREXA DE NIGRÁN (COÑECE O MEU CLUB)

Dentro do programa XOGADE temos a posibilidade de coñecer o funcionamento dalgúns clubes deportivos da zona para poder entrenar ou realizar actividade física fóra do horario escolar. O 18 de setembro visitáronnos monitores do C. B. Airexa de Nigrán para realizar unha serie de xogos e para captar nenos e nenas para a actividade extraescolar que organiza a ANPA. Aqueles que queiran practicar este deporte, xa saben. 
Pasámolo moi ben!!!                              

http://www.airexa.es/


jueves, 10 de septiembre de 2015

MATERIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA

Comezamos a rodar!!!

O material de educación física que necesitamos é o seguinte:
• Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…)
• Calzado axeitado para realizar exercicio físico, as zapatillas de loneta NON son as máis adecuadas.
• Se un alumno/a non pode realizar actividade física durante un longo período de tempo terá que entregar certificación médica. Se é por enfermidade leve bastará cunha nota dos pais/nais/titores legais.
• É conveniente que os alumnos/as non veñan provistos de xoias, pulseiras, reloxos, pendentes, cadeas, ou calquera outro elemento que poida considerarse perigoso nas sesións de E.F.
ALUMNOS/AS DE 1º e 2º EP: non se duchan pero teñen que traer material para o aseo persoal: toalla pequena, xabón ou xel, outra camiseta limpa, etc.
ALUMNOS/AS DE 3º, 4º, 5º e 6º EP: a ducha é obrigatoria ó finalizar a sesión: toalla, xabón ou xel, chanclas, outra roupa e muda limpa, etc.

BENVID@S AO CURSO 2015-16

Un curso máis empezamos con ilusión as clases de Educación Física.
RECORDA:
REALIZA ALGUNHA ACTIVIDADE FÍSICA POLAS TARDES. ESTÁ DEMOSTRADO QUE:
"É MOI SAUDABLE E AXUDA A ESTUDAR MELLOR"

viernes, 29 de mayo de 2015

EDUCACIÓN FÍSICA: VÍDEOS DA PISCINA 2015

Un ano máis acudimos ás instalacións da Piscina da Ramallosa a realizar exercicio físico nas horas de educación física todos os mércores de abril e maio. Un luxo ver a motivación que amosa o alumnado cando realiza esta actividade:
  • Spinning
  • Tonificación e Circuítos de Forza
  • Pilates
  • Natación, Habilidades Motrices e Xogos Acuáticos
Os alumnos/as aprenderon a utilizar unha instalación deportiva pública, compartíndoa con outros usuarios e recibiron a felicitación dos monitores polo seu comportamento.
Isto é posible grazas á financiación da COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS que aposta todos os anos pola educación dos nenos e nenas da parroquia, á ANPA pola súa subvención e á boa disposición diaria co colexio e aos PAIS E NAIS de 5º e 6º pola súa confianza nesta actividade.
PARABÉNS, SODES AUTÉNTICOS DEPORTISTAS!!!
Nas seguintes montaxes podedes ver un resumo das 8 sesións:

VÍDEOS:



FOTOS:

viernes, 8 de mayo de 2015

CONSUMINDO VITAMINAS NO COLE

Estas dúas semanas de abril estamos realizando no centro o fomento do consumo de froita fresca entre o alumnado. Os rapaces estanse pondo as botas de vitaminas.

miércoles, 1 de abril de 2015

SESIÓN DE JUDO NO PAVILLÓN DE DEPORTES DE GONDOMAR

O xoves 26 de marzo realizamos unha sesión de Judo impartida por técnicos responsables das Escolas Municipais, Luís Rodríguez Trejo e Luís Rodríguez Lamas, no Pavillón de Deportes de Gondomar. Alí coincidimos co CEIP Souto Donas de Gondomar.
O Judo é precisamente una das especialidades máis demandadas na Escola Deportiva Municipal, por todo iso o concello de Gondomar, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, está levando a cabo estas escolas de Judo, os venres pola tarde. Se bos gustou, anotádevos xa!!!

jueves, 5 de febrero de 2015

GYMKANA NO DÍA DA PAZ

Un ano máis celebramos o Día da Paz colaborando co Concello de Gondomar. O dia 30 de xaneiro realizamos un "Circuíto Solidario de Habilidades" para recadar alimentos aportados polas familias do cole e logo cantamos e bailamos no patio cuberto a canción que preparou a profe Elena, "Meu amor estoupa".
A Concellaría de Benestar Social encargouse o día 5 de febreiro de recoller os casi 700Kg de alimentos para achegalos ás persoas máis desfavorecidas do Municipio.

A noticia foi comentada no "Faro de Vigo". Tamén, se clicamos no nome do xornal "GALICIA SUR" poderemos ler a noticia con máis detalle.
Non vos perdades o vídeo e as fotos das dúas xornadas onde todos os/as alumnos/as e os/as profes máis osados/as rematan o circuíto cheo de obstáculos. Tamén hai fotos da recollida dos alimentos.

PARABÉNS A TODOS E TODAS POLO VOSO ESFORZO E POR ACORDARSE DOS MÁIS DESFAVORECIDOS, FELIZ DÍA DA PAZ!!!