domingo, 21 de diciembre de 2014

PARTICIPAMOS NO XVI CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR EN BAIONA

A Concellaría de Deportes do Concello de Baiona e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar “XOGADE”,  no que estamos inscritos organizaron o XVI Cross Escolar do Val Miñor. O día 21 de decembro moitos nenos e nenas do cole participamos nunha nova edición con outros colexios do Val Miñor.
No seguinte enlace podedes consultar máis sobre a competición:
https://www.facebook.com/deportes.baiona
Os atletas do noso cole foron:
Infantiles: Claudia e Assier (6º Primaria)
Alevíns: Paula e Eva (4º Primaria); Iker (5º Primaria)
Benxamíns: Silvia, Aarón, Alexandre, Santiago e Samuel (3º Primaria).
Prebenxamíns: Ivo e Adrián (6º Infantil); Lucía, Roi e Ángel (1º Primaria).
Chupetes: Helena, Lucía, Ian, Pedro, Lois e Gabriel (4º Infantil); Alba, Emma, Zaira, Lía, Alejandro, Xavier, Martiño e Lucca (5º Infantil).
Este ano houbo 3 medallas pero estamos moi moi orgullosos de todos os alumnos/as citados anteriormente xa que o noso obxectivo sempre é pasalo ben e intentar rematar a carreira.

Parabéns a todos os participantes polo voso esforzo!!!


jueves, 18 de diciembre de 2014

XORNADA MULTIDEPORTIVA CO CPR ANXO DA GARDA DE NIGRÁN

Invitamos ao CPR Anxo da Garda de Nigrán e compartimos unha mañá deportiva con nenos/as de 5º e 6º xogando ao hockey, bádminton, brilé, fútbol, voleibol, baloncono e baloncesto. Ao final fixemos un cross arredor do cole. Foi o 16 de decembro.

Mirade o vídeo.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

HABILIDADES MOTRICES CON 3º e 4º DE PRIMARIA

As habilidades motrices céntranse nos aspectos cuantitativos do movemento, nas habilidades e na coordinación que son capacidades que lle permiten ao alumnado moverse con eficacia e con eficiencia, facilitando a adaptación a situacións motrices complexas. Neste circuíto de habilidades podemos apreciar as destrezas traballadas nunha sesión polos alumnos/as de 3º e 4º:


2014-11-19 Habilidades Motrices 3º e 4º from librincios on Vimeo.

viernes, 7 de noviembre de 2014

VISITA DO CLUB DE TENIS GONDOMAR

Do 28 de outubro ao 7 de novembro, estivo con nós Juan Antonio Freitas Fernández, director deportivo e adestrador do Club de Tenis Gondomar para amosarnos o bonito que é este deporte. A día de hoxe, o club conta con equipos na maioría das ligas galegas e con bos resultados. Esta actividade a temos enmarcada dentro do Plan Proxecta-Xogade (coñece o meu club) no que participamos desde hai anos co obxetivo de achegar aos escolares os recursos deportivos dispoñibles dentro do noso concello a nivel de práctica deportiva, creando así un vínculo importante entre o Centro Escolar e os Clubes da localidade.
Xa sabedes, no cole o tenis é os luns pola tarde de 4 a 5, e en Gondomar, preguntade no Pavillón de Deportes.
PRACTICADE O DEPORTE QUE MÁIS VOS GUSTE POLAS TARDES, AXUDA A ESTUDAR MELLOR!!!



2014-11-07 Visita Club Tenis Gondomar from librincios on Vimeo.

domingo, 26 de octubre de 2014

OS NENOS E NENAS TAMÉN PRACTICAMOS PILATES

PILATES é un sistema de adestramento físico e mental creado a principios do século XX por Joseph Hubertus Pilates. O método céntrase no desenvolvemento dos músculos internos para manter o equilibrio corporal e dar estabilidade e firmeza á columna vertebral.
Por que realizamos Pilates co alumnado?
Porque aumenta a súa forza muscular, a resistencia e a flexibilidade, e ao mesmo tempo, conseguen un maior grao de atención nas súas tarefas. Os exercicios non son dos máis divertidos pero entendimos que son moi beneficiosos.
Neste vídeo podemos ver a capacidade de traballo que teñen os alumnos e alumnas: 

martes, 23 de septiembre de 2014

VISITA DO CELTA FEMININO DE BALONCESTO

Visita moi amena a do día 22 de setembro do Celta feminino de baloncesto, equipo de Vigo da Liga Feminina 2 http://www.celtabaloncesto.com/blog. Viñeron ao noso Centro a relatar as suas experiencias desde os seus inicios no Minibasket, contarnos como compaxinan os estudos co deporte e contestar a moitas preguntas dos alumnos e alumnas. Logo xogamos con elas uns cantos partidiños na pista e, por último, firma de autógrafos.
O obxectivo foi promocionar o baloncesto entre o alumnado xa que vaise crear unha Escola de Minibasket en Gondomar promovida desde a Concellería de Deportes de Gondomar e apoiada pola Diputación, a Federación Galega de Baloncesto e o Club Celta Selmark. A actividade será gratuíta. ANOTÁDEVOS XA!!!
No vídeo amosamos un resumo da xornada. Graza pola visita:

viernes, 19 de septiembre de 2014

CORTOMETRAXE: 6 CONTRA 6

Impresionante vídeo de Marco Fettolini e Miguel Aguirre, altamente instructivo e pedagóxico. Reflexiona sobre a educación e a formación en valores que os pais han de proporcionar aos seus fillos cando realizan deporte e trata o tema da presión desmedida que en ocasións inculcamos aos nosos fillos co ánimo de que destaquen por riba dos demais. Tamén están presentes valores como a amizade, o compañerismo, o sentimento de pertencer a un equipo e o amor por un deporte, neste caso, o baloncesto. 

domingo, 14 de septiembre de 2014

OFERTA DEPORTIVA DA ANPA E DO CONCELLO DE GONDOMAR 2014-15

REALIZADE ALGUNHA ACTIVIDADE FÍSICA POLAS TARDES!!!
Está comprobado que axuda a organizarse mellor á hora de estudar, ademais de ser moi saudable.

Ao inicio do curso as familias buscades a mellor oferta deportiva para os vosos fillos e fillas.
Sabedes que no cole, a ANPA enviará a oferta de actividades para este curso e no Concello de Gondomar tamén tedes opción de facer deporte, sendo algunhas gratuítas. o Concello de Gondomar amplia a súas escolas deportivas, grazas a importante colaboración da Deputación de Pontevedra e dos clubes da comarca. As modalidades ofertadas son:
Por parte da Deputación de Pontevedra, de carácter gratuíto e dirixidas a nenos/as de 5 a 15 anos, contan coas actividades de: Patinaxe / Judo / Balonmán / Futbito / Minibasket (nova actividade para o curso 2014/2015, e dirixida principalmente para cativos de entre 6 e 9 anos).

miércoles, 10 de septiembre de 2014

COMEZAMOS UN NOVO CURSO DEPORTIVO 2014-15

Despois das vacacións e xa coas pilas cargadas, comezamos a rodar!!!

O material de educación física que necesitamos é o seguinte:
• Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…)
• Calzado axeitado para realizar exercicio físico, as zapatillas de loneta NON son as máis adecuadas.
• Se un alumno/a non pode realizar actividade física durante un longo período de tempo terá que entregar certificación médica. Se é por enfermidade leve bastará cunha nota dos pais/nais/titores legais.
• É conveniente que os alumnos/as non veñan provistos de xoias, pulseiras, reloxos, pendentes, cadeas, ou calquera outro elemento que poida considerarse perigoso nas sesións de E.F.
ALUMNOS/AS DE 1º e 2º: non se duchan pero teñen que traer material para o aseo persoal: toalla pequena, xabón ou xel, outra camiseta limpa, etc.
ALUMNOS/AS DE 3º, 4º, 5º e 6º: a ducha é obrigatoria ó finalizar a sesión: toalla, xabón ou xel, chanclas, outra roupa e muda limpa, etc.

sábado, 21 de junio de 2014

20 DE XUÑO: VACACIÓNS!!!

Chegan as vacacións e aquí unha recomendación física:





















NAS VACACIÓNS UTILIZA O SILLÍN E NON O SILLÓN!!!
BO VERÁN DEPORTIVO!!!

lunes, 2 de junio de 2014

FROITA NO RECREO

Para ter bos hábitos alimenticios, nada mellor que unhas pezas de froita todos os días. Este ano concedéronnos as axudas para a distribución de froita fresca no alumnado e durante catro semanas repartímolas aos nenos/as no momento do recreo.
Aquí o vídeo que fixo a profe Naty de 2º de primaria:

sábado, 17 de mayo de 2014

CON 6º DE PRIMARIA: NATACIÓN, XOGOS ACUÁTICOS, SPINNING E TONIFICACIÓN

Igual que en anos anteriores, acudimos con 6º de Primaria ás instalacións da Piscina da Ramallosa todos os mércores dos meses de abril e maio.
A organización da actividade foi da seguinte maneira:
- 1 sesión de 40 minutos onde combinamos SPINNING con exercicios de propiocepción típicos de PILATES, traballando a resistencia e a forza.
- 1 sesión de 45 minutos dentro da auga para mesturar a NATACIÓN con XOGOS E HABILIDADES MOTRICES dentro da auga.
Comentar que os alumnos/as amosaron un grao de motivación moi alto, que aprenderon a compartir unha instalación deportiva pública comportándose sempre moi ben e que os obxectivos previstos foron acadados.
Queremos agradecer á Comunidade de Montes de Vincios e a ANPA pola súa implicación económica e ás familias por confiar no profesorado.
No seguinte VÍDEO podemos facernos unha idea de como foi a actividade:

lunes, 28 de abril de 2014

IV CAMPEONATO DE NATACIÓN ESCOLAR DO VAL MIÑOR 2014

Este pasado Domingo día 27 de Abril nas instalacións deportivas da Piscina Mancomunada do Val Miñor da Ramallosa, a Concellaría de deportes do Concello de Baiona en colaboración coa Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia e a agrupación Escolar do Val Miñor organizaron a cuarta edición do Campionato Escolar de Natación do Val Miñor 2014, campionato que agrupamos dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia. O campionato, contou coa presenza de nenos e nenas dos colexios do Val Miñor. Para obter máis fotos en: 
http://www.facebook.com/home.php#!/deportes.baiona?fref=ts 
Moitas grazas a Lara (2º), Sergio (4º), Diego (6ºB) e Desi (5º) por participar e facelo tan ben.

O cadro de vencedores foi o seguinte:
PREBENXAMÍNS:
*25 metros costas: 1ºMarcos González Maestu (CPI Covaterreña). 2ºCristian Miniño Álvarez - (CPI Covaterreña). 3ºGabriel González Seijo (CEIP Carlos Casares). *25 metros estilo libre: 1ºCristian Miniño Álvarez (CPI Covaterreña). 2ºGabriel González Seijo (CEIP Carlos Casares). 3ºTomás Oitabén Fernández (CEIP Carlos Casares). 

BENXAMÍNS: 
*25 metros costas: 1ºLucas Hortas Pérez (CPR Os Sauces). 2ºMarta Fernández Lestayo (CEIP Sabarís). 3ºSergio Souto Peña (Colexio Serra Vincios). *25 metros estilo libre: 1ºLucas Hortas Pérez (CPR Os Sauces). 2ºRuoqui Costas Alonso (CPI Covaterreña). 3ºSergio Souto Peña (CEIP Serra Vincios).

ALEVÍNS:
*25 metros costas: 1ºEiko Alonso Guerreo (CEIP Os Sauces). 2ºLuís Güel Borrajo (CPR Estudo). 3ºDiego Souto Peña (CEIP Serra Vincios). *25 metros estilo libre: 1ºEiko Alonso Guerreo (CPR Os Sauces). 2ºLuís Güel Borrajo (CPR Estudo). 3ºDaniel Pontes Galego (CPI Covaterreña).

INFANTÍS:
*25 metros costas: 1ºLaura Meneses Bouzada (IES Terras de Turonio). 2ºPablo Martínez Gallego (CPR Anxo da Garda). 3ºBlanca Hernández Vea (CPR Estudo). *25 metros estilo libre: 1ºLaura Meneses Bouzada (IES Terras de Turonio). 2ºPablo Martínez Gallego (CPR Anxo da Garda). 3ºBlanca Hernández Vea (CPR Estudo).

miércoles, 26 de marzo de 2014

OS PROFES TAMÉN APRENDEMOS: PRIMEIROS AUXILIOS

O 11 de marzo os profes do colexio recibimos formación de Primeiros Auxilios a cargo de Carlos Vales, Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, Coordinador dos Servizos de Socorrismo nas praias do Concello de Vigo e Profesor de Salvamento Acuático. 
Foi un pracer compartir con el a súa sabiduría nesta materia tan importante para nós como docentes.
Aquí podedes visionar, sobre todo as familias, un resumo das aprendizaxes do curso:

lunes, 17 de marzo de 2014

XORNADA MULTIDEPORTIVA CO CEIP SOUTO DONAS

Os profesores de educación física do Colexio Anxo da Garda, CEIP de Donas, Colexio Estudio e CEIP Serra Vincios levamos anos traballando xuntos e realizando unhas xuntanzas deportivas non competitivas en horario escolar, cun calendario anual aprobado pola Secretaría Xeral para o Deporte, que nos subvenciona os desprazamentos en autobús.
O 17 de marzo tocou ir ao CEIP Souto Donas e enfrontámonos en diversas modalidades deportivas e realizamos moitos xogos: tenis de mesa, saltos de altura e lonxitude, rugby-rabo, roubar melóns, baloncesto, bádminton, brilé, comba e por últimos fixemos un cross ao redor do colexio. O máis salientable desta xornada, ademais de perfeccionar diferentes deportes e xogos co lema de xogo limpo e non levar o marcador, foi o exemplar comportamento tanto dentro como fóra da pista de xogo dos alumnos/as. Tamén compartimos o recreo, coñecemos outro colexio e fixemos novos amigos e amigas!!!

viernes, 14 de marzo de 2014

1º E 2º DE PRIMARIA PRACTICA JUDO

Dentro do programa XOGADE, Xogos Galegos Deportivos 2014, no que participamos, técnicos responsables das Escolas de Judo de Gondomar, Luís Rodríguez Trejo e Luís Rodríguez Lamas, visitáronnos no cole o 11 de marzo para darnos a coñecer este deporte e poder practicalo de forma gratuíta no Pavillón de Gondomar os venres pola tarde. Os/as que se animen xa saben... o mellor é realizar deporte polas tardes!!!
O xoves 13 de marzo acudimos ao Pavillón de Gondomar para realizar xogos de iniciación ao Judo e tamén para ofrecernos unha exhibición espectacular. Pasámolo moi pero que moi ben.
Aquí unha mostra das actividades:

lunes, 10 de marzo de 2014

CLASE DE PRIMEIROS AUXILIOS

O luns 10 de marzo visitounos Carlos Vales Porto, Coordinador dos Servizos de Socorrismo nas praias de Vigo e Profesor de Salvamento, sendo unha das persoas que máis sabe en España sobre como actuar en momentos de emerxencia para aplicar os primeiros auxilios. Aprendimos moitas cousas que seguro recordaremos cando sexamos maiores, grazas Carlos polo teu traballo no Cole!!!
Este video amosa como realizamos unha Reanimación Cardio Pulmonar cando comprobamos que a persoa ferida non respira:

 

viernes, 7 de marzo de 2014

EN ABRIL E MAIO: PISCINA

Como todos os anos, os alumnos/as de 6º irán á Piscina da Ramallosa en horario escolar a desenvolver unha unidade didáctica de spinning, tonificación e natación.
A actividade intentaremos que sexa totalmente gratuíta e a nosa intención é que sexa fixa todos os anos para que o alumnado de Vincios teña a oportunidade de acudir á piscina. O transporte (822,80€) será subvencionado pola Comunidade de Montes de Vincios (estamos esperando a súa confirmación e agradecemos moito a súa colaboración) e a entrada á piscina (643,80€) entre a ANPA, o Colexio e unha subvención do Concello de Gondomar.
A duración da actividade é de 1 sesión, de 90 minutos, semanal (mércores), nos meses de: abril (días 2, 9, 23, 30) e maio (días 7, 14, 21, 28).    
Organización da actividade: 
•Ás 11:25h. sairemos do centro para chegar á piscina sobre as 11:40h.
•De 11:45h. a 12:30h. os alumnos/as realizarán spinning e exercicios de tonificación.
•De 12:30 a 13:15h. terá lugar o desenvolvemento da sesión dentro da piscina (os primeiros 20 minutos dedicarase á natación e os 25 minutos restantes a actividades alternativas e xogos na auga).
•De 13:15h. a 13:30h. ducharanse e cambiaranse de roupa.
•Chegada ao centro ás 13:55h. aproximadamente.
 O material específico que necesitan para esta actividade é:
-Obrigatorio: gorro de natación, bañador, chanclas, toalla e xabón.
-Opcional, pero aconsellable: gafas de natación.
SEGURO QUE O PASAREMOS FENOMENAL!!!

domingo, 2 de febrero de 2014

PARTICIPAMOS NO XV CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR EN BAIONA

O día non acompañou pola chuvia pero ainda así moitos nenos e nenas acudimos ao XV Cross Escolar do Val Miñor en Santa Marta o 2 de febreiro. Parabéns a todos os participantes!!!

viernes, 31 de enero de 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 30-01-2014

O 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ, e de que xeito!!!
O obxectivo foi realizar un "Circuíto Solidario de Habilidades" (ideado polos alumnos/as) para recadar alimentos aportados polas familias do cole para que a Concellaría de Benestar Social os achegase ás persoas máis desfavorecidas do Concello de Gondomar.
Logo cantamos e bailamos no patio cuberto a canción que preparou a profe Elena, "Todos Xuntos", e que a disfrutamos moitísimo.
E durante a semana, participamos nun concurso ideado pola biblioteca da profe Irene, gravando mensaxes de paz para que tanto alumnado, profes e persoal non docente dixeran con liberdade o que para eles significaba a palabra paz. 
PARABÉNS A TODOS E TODAS POR APORTAR SEMPRE COUSAS POSITIVAS!!!


lunes, 20 de enero de 2014

CIRCUITO SOLIDARIO PARA O DÍA DA PAZ 2014

O xoves 30 de xaneiro celebraremos o DÍA DA PAZ. Xa empezamos a ensaiar o circuíto de habilidades que realizaremos alumnos/as e profes ese día. O obxectivo será recadar alimentos para repartir polo Concello de Gondomar para aquelas familias máis necesitadas. Hai que intentar finalizalo!!!