domingo, 31 de enero de 2016

GYMKANA SOLIDARIA PARA O DÍA DA PAZ 2016

Outro ano máis celebramos o Día da Paz colaborando co Concello de Gondomar.
O dia 29 de xaneiro realizamos unha "GYMKANA SOLIDARIA" para recadar alimentos aportados polas familias do cole e logo cantamos e bailamos no patio cuberto as CANCIÓNS que preparou a profe de música Elena, "Fatuo yo" e o clásico "Meu amor estoupa", que como ben di ela, son cantigas para alegrar a alma!!!
A Concellaría de Benestar Social encargarase o día 3 de febreiro de recoller todos os alimentos que aportaron as familias para achegalos ás persoas máis desfavorecidas do Municipio.
Non vos perdades os 2 vídeos onde nenos, nenas e profes atrévense co circuíto cheo de obstáculos. Destacar aos alumnos e alumnas máis maiores que axudaron con moita tenrura aos máis pequeniños a rematar o percorrido. Por último, todos e todas cantando e bailando.

Grazas a todos e todas pola vosa solidariedade!!!

domingo, 17 de enero de 2016

XOGADE: XVII CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR EN BAIONA

A Concellaría de Deportes do Concello de Baiona e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar “XOGADE”,  no que estamos inscritos organizaron o XVII Cross Escolar do Val Miñor. O día 17 de decembro moitos nenos e nenas do cole participamos nunha nova edición con outros colexios do Val Miñor.
Foi unha mágoa o mal tempo que aconteceu, pero os alumnos e alumnas do cole que asistiron correron moi ben.
No seguinte enlace podedes consultar máis sobre a competición:
Os atletas do noso cole que participaron foron:
Alevíns: Alexandre, Marta, Santiago e Aarón (4º EP).
Benxamíns: Iker (3º EP), Roi, Aroa, Lucía e Adrián (2º EP).
Prebenxamíns: Xabier, Samuel Yuma, Nicolás, Martiño, Lucca, Emma, Zaira, Lía, Adhara e Alba (6º EI) e Ivo, Adrián, Alejandra, Mar, Alba e Paula (1ºEP).
Chupetes: Helena, Lucía, Ian, Pedro, Lois, Gabriel Bratos, Gabriel Lemos, Asier, Yeray, Ixem, (5º Infantil) e Martín, Iker e Izan (4º Infantil).
Este ano tamén houbo 3 medallas pero estamos moi moi orgullosos de todos os alumnos/as citados anteriormente xa que o noso obxectivo sempre é pasalo ben e intentar rematar a carreira.


Parabéns a todos os participantes polo voso esforzo e aos pais e nais por levalos!!!