lunes, 30 de abril de 2018

VISITA DA ALPINISTA CHUS LAGO

O 30 de abril visitounos a alpinista Chus Lago, contounos as súas aventuras e ata chegou a emocionarnos. Entre os seus logros destacan: 

  • 1ª muller en alcanzar o Polo Sur.
  • 1ª muller española e 3ª do mundo en escalar o Everest sen axuda de osíxeno artificial.
Todos e todas fixémoslle moitísimas preguntas e a mensaxe quedou clara: "con esforzo e traballo podemos conseguir todos os nosos soños".

Grazas Chus, que día máis emotivo!!!

VIII CAMPIONATO DE NATACIÓN ESCOLAR



O domingo día 29 de Abril, celebrouse nas instalaciones deportivas da Piscina Mancomunada do Val Miñor da Ramallosa, a VIII edición do Campionato de Natación Escolar dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. 


Do noso cole participaron:
  • Helena Domínguez Durán (1ºEP)
  • Paula Piñeiro González (3ºEP)
  • Nicolás Cedric Pérez Fernández (6ºEP)
  • Samuel Yuma Pérez Fernández (2ºEP)


Parabéns por participar nas diferentes probas!!!
Para máis información sobre os resultados e fotos da competición: