jueves, 14 de junio de 2018

ATLETISMO EN PISTA 5ºEP

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria asistimos o 13 de xuño  ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra para realizar unha serie de probas de atletismo con outros colexios da provincia: 60m lisos, salto de lonxitude, 500m lisos, lanzamento de peso, lanzamento de vortex e relevos 4x60m lisos. Noraboa aos campións de 5ºEP polo esforzo!!!

martes, 5 de junio de 2018

XOGOS POPULARES DO VAL MIÑOR 2018

O venres participamos na  VIII Xornada de Xogos Populares do Val Miñor.

As actividades realizáronse no Campo das Cercas en Gondomar. Participamos colexios de Baiona, Nigrán e Gondomar.

Había vinte estacións de xogos: peóns, ras, mariolas,canicas, chaves, gomas, lombos de burro, petanca, carreira de sacos, zancos ... 

Formáronse grupos con alumnos/as de distintos centros e puidemos compartir moitas experiencias.

Clicade aquí e poderedes ver un vídeo da xornada:
http://segundociclovincios.blogspot.com/2018/06/xogos-populares.html

Que ben o pasamos!




"Xornada de Xogos Populares"

sábado, 2 de junio de 2018

FROITA NA ESCOLA 2017-18

Desde o ano 2009 a Unión Europea conta co Plan de froita nas escolas, destinado a repartir froitas e hortalizas. 


Este ano concedéronnos outra vez as axudas para distribuír froitas frescas ao alumnado e durante catro semanas repartiranse distintas froitas aos nenos/as na hora do recreo. 


do 21-25 de maio
do 28 de maio-1 de xuño
do 4-8 de xuño
do 11-15 de xuño

AliméntaTBen é un programa da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, que contribúe á mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable para o alumnado dos centros educativos galegos. O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas entre o alumnado. 

 Así que, a comer moita froitaaaaa!!!

viernes, 1 de junio de 2018

5ºEP e 6ºEP: SPINNING, PILATES, TONIFICACIÓN, NATACIÓN E XOGOS ACUÁTICOS

Un ano máis o alumnado de 6ºEP acudíu ás instalacións da Ramallosa para realizar exercicio en horario escolar: spinning, pilates, tonificación, natación e xogos na auga.
Damos as grazas á Comunidade de Montes de Vincios polo apoio a esta actividade.
No seguinte vídeo podedes ver o traballo realizado: