domingo, 2 de octubre de 2016

COÑECE O MEU CLUB: "CLUB DE TENIS GONDOMAR"

Alejandro, adestrador do Club de Tenis Gondomar, visitounos durante a última semana de setembro para realizar, en todos os cursos, xogos predeportivos e exercicios relacionados co tenis e tamén para animar ao alumnado a anotarse en tenis como actividade extraescolar. Podedes anotarvos tanto no colexio (será os luns) como en Gondomar.

ACTIVIDADE FÍSICA EN HORARIO EXTRAESCOLAR

É importantísimo que realicemos unha actividade física pola tarde. O exercicio físico é igual a saúde.
Aquí temos a oferta do colexio e a do Concello de Gondomar. Elixide a actividade que máis vos guste!!!:



COMEZAMOS O CURSO 2016-17

MATERIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA
O material de educación física que necesitamos é o seguinte:
• Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…)
• Calzado axeitado para realizar exercicio físico, as zapatillas de loneta NON son as máis adecuadas.
• Se un alumno/a non pode realizar actividade física durante un longo período de tempo terá que entregar certificación médica. Se é por enfermidade leve bastará cunha nota dos pais/nais/titores legais.
• É conveniente que os alumnos/as non veñan provistos de xoias, pulseiras, reloxos, pendentes, cadeas, ou calquera outro elemento que poida considerarse perigoso nas sesións de E.F.
ALUMNOS/AS DE 1º e 2º EP: non se duchan pero teñen que traer material para o aseo persoal: toalla pequena, xabón ou xel, outra camiseta limpa, etc.
ALUMNOS/AS DE 3º, 4º, 5º e 6º EP: a ducha é obrigatoria ó finalizar a sesión: toalla, xabón ou xel, chanclas, outra roupa e muda limpa, etc.