sábado, 14 de diciembre de 2019

3ºEP E 5ºEP CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

As clases de 3ºEP e 5ºEP clasificáronse por equipos para participar no Campionato Provincial de Campo a Través que se celebrará o día 12 de febreiro no Circuito de A AZUCAREIRA en Portas (Pontevedra) e tamén en horario lectivo de mañá.
Noraboa!!!

Para a clasificación por equipos tiveronse en conta os/as catro primeiros/as atletas que chegaron á meta de cada colexio (4 nenos e 4 nenas), sumándose os postos destes 4 corredores, sendo o colexio que menos sumou (tendo en conta os resultados masculinos e femininos) o vencedor da proba. 

Tan pronto saibamos os horarios da proba provincial, subirémolos ao blogue. Aquí podedes ver os resultados do zonal e o circuíto e horarios da seguinte proba:





lunes, 2 de diciembre de 2019

CAMPO A TRAVÉS ZONAL - PRAIA DE LADEIRA

O 4 de decembro celebrouse o Campionato Xogade de Campo a través para Centros Escolares 2019-20 fase zonal Primaria na Praia de Ladeira e en horario escolar, na cal participamos co alumnado de 2º, 3º 4º e 5º de primaria.

O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia e a Agrupación Deportiva Val Miñor organizaron esta competición destinada ao alumnado dos Centros Educativos participantes no programa XOGADE.

A finalidade desta actividade é a dinamización e promoción do Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado co obxectivo de loitar contra o sedentarismo.

Fixémolo estupendamente ben xa que cumprimos o obxectivo que era rematar a proba e pelexar ata o final. Parabéns a todas as nenas e nenos!!!

Os horarios das diferentes probas foron:



Aquí unha mostra do ben que o pasamos aínda que tamén sufrimos un pouco!!!


viernes, 25 de octubre de 2019

COÑECE O MEU CLUB: CLUB DEPORTIVO PANXÓN NIGRÁN DE FÚTBOL SALA

Entre o 22 de outubro e o 8 de novembro, Ramón Pérez Fernández, coordinador e adestrador do Club de Fútbol Sala Panxón Nigrán, impartiu sesións de fútbol sala para todo o alumnado de primaria.
A participación no programa da Xunta de Galicia "COÑOCE A MEU CLUB", ten como finalidade dar a conocer os clubes máis cercanos para promocionar o deporte base.

Agora xa coñecemos máis detalles do fútbol sala e do funcionamento do seu club.

Grazas por vir ao cole de Vincios!!!

sábado, 28 de septiembre de 2019

COÑECE O MEU CLUB: GONDOMAR ACRO CLUB

Na semana do 23 ao 27 de setembro visitounos Cristina Castro Rocha, entrenadora do Gondomar Acro Club.
Amosounos moitos aspectos técnicos da ximnasia acrobática que descoñecíamos.
Comentamos algúns vídeos e logo practicamos algunhas figuras de equilibrio.
Canto hai que practicar!!!
Os luns pola tarde estará no cole para realizar a actividade extraescolar para os que queirades practicalo. 

MOITAS GRAZAS, CRISTINA!!!

domingo, 22 de septiembre de 2019

COÑECE O MEU CLUB: CLUB DE TENIS DE GONDOMAR

Alejandro, entrenador do Club de Tenis de Gondomar, estivo no colexio a semana do 16 ao 20 de setembro e coñecimos un pouquiño máis o deporte da raqueta. Realizamos xogos moi divertidos.!!!
Polas tardes adestrará no cole a todos/as os que queirades practicalo. 

ANOTÁDEVOS!!!


OFERTA DEPORTIVA 2019-20

Co fin de implicar ao alumnado na práctica do deporte e a concienciación dos hábitos saudables, recomentamos realizar máis actividade física fóra do horario escolar.

Podes elixir o que máis te guste, o importante é MOVERSE.

Escolas Deportivas Municipais:




CURSO 2019-20: EMPEZAMOS COAS PILAS CARGADAS

INICIAMOS UN NOVO CURSO DEPORTIVO
2019-20



domingo, 9 de junio de 2019

XOGOS POPULARES VAL MIÑOR

   Este venres celebrouse no campo das Cercas de Gondomar a VIII edición da Xornada Escolar de Xogos Tradicionais e Populares do Val Miñor, resultando un éxito de participación e convivencia entre o alumnado de 4º de Primaria dos centros educativos da comarca miñorana.

   Un total de 315 alumnos/as compartiron unha mañá de xogos: peóns, rá, mariolas/cacho, canicas, chaves, goma, lombas, marro, pano, texo, carreira de sacos, aros, zancos, chapas ...

   Esta actividade non só permite a socialización a través do xogo, senón tamén o fomento da creatividade, curiosidade ... tendo como fío conductor os xogos cos que medraron en experiencias os nosos avós, e que a día de hoxe, foron substituídos pola tecnoloxía do entretemento.

"Ben polos Xogos Populares"


viernes, 31 de mayo de 2019

SESIÓNS DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA PRIMARIA

Coa Asociación de Voluntarios de Protección Civil do Val Miñor aprendemos a actuar en casos de emerxencia. Moitas grazas Alex polas túas interesantes e vitais recomendacións!!!







miércoles, 1 de mayo de 2019

OUTRO ANO MÁIS 5ºEP e 6ºEP: SPINNING, TONIFICACIÓN, NATACIÓN E XOGOS ACUÁTICOS

Un ano máis as alumnas e alumnos de 5ºEP e 6ºEP acudiron ás instalacións da Ramallosa para realizar varias sesións de spinning, tonificación, natación e xogos na auga.
O coñecemento dunha instalación deportiva próxima e saber desenvolverse nela é fundamental para que os nenos e nenas se formen e sintan a necesidade de realizar exercicio físico fóra do colexio.
Damos as grazas coma sempre á Comunidade de Montes de Vincios polo apoio anual a esta actividade.

Nos seguintes vídeos podedes ver o traballo realizado:


lunes, 8 de abril de 2019

XOGALOITA 4ºEP

O 3 de abril os alumnos/as de 4ºEP acudiron ao Pavillón de Baiona a desenvolver unha sesión de XOGALOITA xunto con nenos e nenas doutros centros da comarca do Val Miñor.
Fixeron varios xogos relacionados coa loita e pasárono en grande!!! 

sábado, 9 de febrero de 2019

SESIÓN DE LOITA OLÍMPICA 4ºEP

O alumnado de 4º Ed. Primaria disfrutou dunha sesión de Loita Olímpica a cargo do adestrador Juan Manuel López Pérez, do clube de Loita Olímpica de Sabarís. Foi moi divertida!!!
Máis adiante asistiremos a unha xornada no pavillón de Gondomar xunto a alumnado dos outros centros da comarca.

miércoles, 16 de enero de 2019

HABILIDADES MOTRICES: SALTOS

No seguinte vídeo, podemos apreciar un traballo de saltos con gomas elásticas e valos realizado polas alumnas e alumnos de 2ºEP e 3ºEP:

domingo, 13 de enero de 2019

XX CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR 2018-19

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar “XOGADE”, organizaron o XX Cross Escolar do Val Miñor. O día 13 de xaneiro pasamos unha xornada moi atlética e moitos nenos e nenas do cole participamos nas diferentes carreiras con outros colexios do Val Miñor.

No seguinte enlace podedes consultar máis sobre a competición e descargar moitas fotos:

https://www.facebook.com/deportes.baiona

Os atletas do noso cole que participaron foron:

Infantís: 
6ºEP: Hugo e Xesús.

Alevíns: 
5ºEP: Aroa. 
4ºEP: Alba, Mar, Carlota, Enea, Andrea, Uxía, Ivo, Iago e Adrián. 

Benxamíns: 
3ºEP: Alba, Emma, Zaira, Martiño, Xabi e Lucca, 
2ºEP: Helena, Gabriel Bratos, Ian, Asier, Alejandro Quelle, Lois, Pedro, Gael e Xaime.

Prebenxamíns: 
1ºEP: Xonxa, Leo, Claudia, Laura Meira, Iago Soto, Izan, Iago Pérez, Iker, Thiago, Xoan Liz e Teo.
6ºEI: Mara Castro, Isaac, Martín, Xoel e Arán.

Chupetes: 
5ºEI: Alicia, Alexia, Lidia, Joel, Yoel, Nico, Ilie e Yago.
4ºEI: Eva, Carlota, Sara, Iria, Anxo e Nuno.


Estamos moi orgullosos de todos vós xa que o noso obxectivo sempre é pasalo ben e intentar rematar a carreira, así que obxectivo cumprido.

Parabéns a todos os participantes polo voso esforzo e aos pais e nais por levalos!!!