martes, 14 de febrero de 2023

CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIAL 5ºEP

Hoxe estivo con nós Aser Estévez, adestrador do Ciclismo Oiense, e o alumnado de 5ºEP practicou un circuíto de educación vial coas súas bicicletas:

domingo, 5 de febrero de 2023

EQUILIBRIO INVERTIDO 1ºEP

Fantástico exercicio de equilibrio do alumnado de 1ºEP, tan pequeniños e o esforzo que amosan!!!

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS ESCOLAR 2022-23

Dentro do programa Xogade, o 1 de febreiro viaxamos ata Portas (Pontevedra) para participar coas clases de 5ºEP e 6ºEP (clasificadas nas carreiras zonais) no Campionato Provincial de Cross Escolar. Grande esforzo de todos os alumnos e alumnas polo que estamos moi orgullosos da vosa participación!!!


Tamén o 12 de febreiro e de xeito individual, algúns alumnos e alumnas clasificados/as no zonal participaron no Campionato Provincial de Castrelos. Parabéns!!!