viernes, 20 de marzo de 2020

VÍDEOS ENVIADOS POLAS FAMILIAS: “A MOVERSE NA CASA!!!”:

Aquí tedes unha mostra de como traballades. Seguide enviando vídeos, xa que compartindo aprenderemos máis exercicios e xogos que podemos realizar en casa!!!

GRAZAS POR PARTICIPAR!!!


  • XABI (4ºEP): 
      - É posible xogar ao tenis sen compañeiro? Pois si!!!
    - Tarde de ping pong: "cando remate a corentena, meu pai non toca bóla"
      - Que vos parece se vedes como Xabi fai un exercicio de escalada a unha rocha na súa casa?
    - Volta ciclista a Chain sen saír da casa.
    - Esta vez varios exercicios de forza de pilates. Esa sonrisa, Xabi, que ben!!!
    - Reto do papel hixiénico en equilibrio conseguido por Xabi que é un crack....
    - Pero antes houbo isto e con moitas risas, como seguro nos pasou a todos e todas (toma falsa).
    - Reto do Papel hixiénico con volteo e aquí vai incluída a toma falsa, divertidísimo!!!
    - Reto das cartas voadoras conseguido con moita maestría. Esquecinme de avisar que este exercicio respiratorio marea un pouco e Xabi creo que o notou, jajaja!!!
    - Circuíto de resistencia semanal, desenvolvendo a forza e a resistencia con disciplina e boa execución, Xabi, moi ben!!!
    - E por fin unha saída en bici ao exterior, que ganas tiñamos!!!
    - Máis Mountain Bike de Xabi.
    - Ai Xabi, Xabi quen che mandaría facer equilibrio con 2 ovos enriba da cabeza, o final é de risa, jajaja!!!
    - Salto de lonxitude na praia, xa era hora de poder disfrutar!!!
Adiviñas a palabra?
    - E as habilidades co balón de Xabi, perfecto!!!
    - Imaxes de Xabi practicando acrosport en familia. A ver se adiviñades a palabra de 4 letras? Eu xa a sei!!! Pincha na imaxe.
    - A ver quen adiviña a mensaxe que nos deixa Xabi. Eu xa a sei, e ti si que vas a acabar comigo, rapaz!!!
  • LUCCA (4ºEP): 
    - Pilates con adestradora persoal experta
      - Campionato de "Pas na Casa": Alexandra Hingis vs. Lucca Federer, partido moi igualado...
    - Reto de Roger Federer.
    - E agora... o reto de Lucca. Grande Lucca!!!
    - Reto dos abdominais, bravo Lucca, conseguido e con esforzo. E na súa terraza continúa cunha clase online.
    - Lucca e o seu paseo polo Río Miñor, que gozada poder disfrutar da natureza, por fin!!!  
    - E aquí está Lucca na praia correndo como un raio e facendo un gran salto de lonxitude.
Adiviñas a palabra?
    - Imaxes de Lucca practicando acrosport en familia. A ver se adiviñades a palabra de 4 letras? Eu xa a sei!!! Pincha na imaxe.
    - Pregunta: temos un Karate Kidd en Gondomar?
    - Pregunta: temos un tiburón en Praia América?
    - Aí van uns pasos de baile de Lucca na escaleira, este chico dálle a todo!!! 
    - Aquí tedes a Lucca realizando habilidades coa bici e con casco, moi ben Lucca!!!
  • LÍA ALONSO (4ºEP) e NOA ALONSO (6ºEI):
      - Campionato Mundial de bádminton?
    - Fantástica coreografía familiar do "Tolo Chimpín"
  • HUGO (6ºEP) e YERAY (6ºEP):
    - Castigo familiar por escaparse de casa estes días?
    - Gran partido de ping pong nunhas instalacións únicas!!!
  • BERTILA (4ºEI): 
    - "Adestramento Total" con preparador persoal
  • BRAIS E ZEQUI (6ºEP): 
    - Quecemento e partida de ping pong por duplicado?
  • GABI LEMOS (3ºEP) E SERGIO LEMOS (4ºEI): 
    - "O ciclo do 10" e un 10 que lle vai poñer o profe a Gabi
      - Os saltos do dado. Que sorte tivo Sergio co 3!!! Os nenos/as maiores que o practiquen co dado do 30!!!
    - Reto do papel hixiénico de Gabi conseguido e moito mellor que o profe, ese Gabi!!! 
    - Pasos de baile espectaculares de Sergio, que maneira de mover os pés!!! E todo isto combinado coa súa 1ª saída á rúa a xogar, que ilusión!!!
    - Reto dos abdominais, como custan facelos pero Gabi coa súa tenacidade conségueo e ao remate séntese máis forte, aplausos!!!
    - Reto do equilibrio de Sergio, tan pequeniño e xa empezando a controlar o seu corpo, moi ben!!! 
    - E tamén o de Gabi, que lle dá o seu toque persoal de creatividade ao equilibrio, perfecto!!!
    - Precioso vídeo con fotos de Gabi e Sergio co seu pai realizando todo tipo de acrobacias e pasándoo xenial. Viva o acrosport e viva Sergio e Gabi!!!
   - Gabi e Sergio realizando a rutina semanal, esta vez coas habilidades co balón. Os dous realizando un traballo xenial e orgulloso que estou deles!!! 

  • DANIELA VILA (3ºEP): 
    - Estupendo exercicio de coordinación de Daniela, o pai precisa mellorar
    - Isto non é un baile, é un superbaile, menudo estilo tan profesional. Grande Daniela!!!
    - Daniela recordando a mobilidade articular que forma parte do quecemento e que facemos no cole antes de empezar as sesións. Bravo!!!     
  • IAN (5ºEP): 
    - Pódese bailar no chan por parellas??? Si, se pode, queremos ver o fitness coreogáfico completo!!!
  • ASIER (3ºEP): 
    - Quecemento, cardio e xogos de Asier, poñendo á familia a tono!!!
    - Reto das cartas corredoras e por fin, saída á rúa de Asier co patinete e a bici. De 12h a 19h, a estrada é de Asier, menuda sorte!!!
    - Impresionante Asier!!! Disciplinado, serio e gran control corporal no circuíto de resistencia dos maiores. Si señor!!!
    - Gran traballo de acrosport de Asier en familia, bo control postural e divertidas figuras, excelente!!!
    - Asier e as habilidades coa pelota en casa, na praia e só falta que a lance desde a montaña. Moi ben!!!
  • LAURA MEIRA (2ºEP): 
    - Boísimo traballo de elasticidade e de coordinación. Eu non me atrevo!!!
    - 4 repeticións de circuíto de forza-resistencia de Laura. O de correr vai nos xenes!!!
    - Pois aí van uns cantos saltiños de Laura á comba e de aros. Seguimos en forma!!! 
  • IAGO SOTO (2ºEP): 
    - Un crack, Iago!!! Traballo pilatero de suelo, complicado para a idade, pero... proba superada
    - Reto do papel hixiénico de Iago superado pero o próximo curso sen apoiar os pés, vale?
    - Xenial Iago co traballo de coordinación e resistencia da semana. Os números en inglés xa os ten aprendidos!!!
    - Pois claro que vale, Iago, moi boa adaptación do reto do equilibrio. 
    - E agora toca habilidades co balón: o bote. Pouco a pouco iremos mellorando!!!
  • IZAN (2ºEP), NAIRA (4ºEI) E ADHARA (4ºEP): 
      - Frontón-Fútbol + remate a portería + desexo que sae do corazón, grande Izan!!!
    - Clase de zumba da tele. Naira e Adhara moi moi coordinadas, Bravo!!!
    - Saltos á comba de Naira, eu non o faría mellor!!!
    - E tamén saltos á comba pero por parellas de Izan e Adhara con moi boa coordinación, isto si que é complicado!!!
    - Circuíto de resistencia semanal de Izan rematado con éxito, moi ben!!!
    - Fantástico Izan co circuíto de bote e habilidades que preparou co balón.
    - Izán e as ordes do abecedario: o seu nome perfecto!!!
    - E a palabra secreta xa a adiviñei: un bicho peludo que voa. Moi ben Izan!!! 
  • ANDRÉ (1ºEP) E VERA (4ºEI): 
    - Eu apúntome ao parque multiaventura que teñen montado André e Vera na súa casa: cama elástica, trepas, túnel... IMPRESIONANTE!!!
    - Retos, xogo da oca deportiva, baile, que máis se lles pode dicir a Vera e André? Pois darvos as grazas por facer tanto!!!
  • CARLOTA (5ºEP), XOAN (2ºEP) E ELENA (PROFE)
    - Sesión de "Ioga Caseiro", meditación, control postural e música relaxante en directo, SUPER ZEN!!!
  • XESÚS (6ºEP):
    - Deportes de risco: pódese facer BikeTrial na casa??? Pois tamén
  • IVO (5ºEP), IAN (3ºEP) E ILLIE (6ºEI):
    - Gran traballo de forza en familia, e para finalizar, como non, estiramentos!!!
    - Incribles pasos de baile de Ivo, de verdade é Ivo ou un bailarín profesional???
    - Reto do papel hixiénico de Ivo, non sei se o superou pero é divertidísimo!!!
    - E o reto do papel de Ian fantástico, igual de divertido!!!
Figura de 5
    - Ivo e o reto do equilibrio, faciliño, a proxima vez con 2 rolos de papel!!!
    - Na imaxe da dereita, acrosport en familia, divertida imaxe realizando unha acrobacia de 5, só faltaría o can. Parabéns e aplausos!!!
    - Ivo envíanos o fitness co seu nome, claro só 3 exercicios, xa podía chamarse "Maximiliano".
    - E Ian tamén, pois "Maximiliano 1" e "Maximiliano 2"
  • MALENA (5ºEP) E XANTI (4ºEI):
    - Quen dixo que nun piso é difícil??? E que me decides da voltereta combinada con lectura e xeografía. Divertidísimo!!!
  • IXEM (3ºEP): 
    - Pois outro 10 que lle poñemos a Ixem polas súas series de 10, bravo!!!
    - Así me gusta, Ixem, mellorando no bote e lanzando con moitas ganas e puntería. 
  • CLAUDIA (2ºEP): 
    - Traballo de forza estupendo e ben executado. Abdominais creativos e bonitas acrobacias de Claudia, Campiona!!!
  • UXÍA (5ºEP) E XAIME (3ºEP):
    - Táboa militar da "super avoa" de Uxía e Xaime: os netos non seguen o ritmo!!!
      - E dando exemplo: impresionante prancha de cóbados da avoa de Uxía e Xaime, que piden papas!!!
      - Despois da prancha toca un exercicio respiratorio e de relaxación da avoa de Uxía e Xaime, fantástico!!!
      - E despois do traballo coa avoa, queren traballar máis, aínda que a Xaime lle pode máis o bocata!!!
      - Video titorial sobre como realizar a cadeira (media sentadilla) e a prancha de cóbados. Nunca falou tanto Uxía no cole, bravo!!!
  • AINARA (5ºEI): 
    - E agora... clase de zumba con Ainara!!!
  • NUNO (5ºEI) E TEO (2ºEP):
    - Quecemento marchoso e xogos con globos. Non deixedes de traballar todos os días!!!
    - Circuíto de habilidades básicas na casa: equilibrios, saltos, desprazamentos, cuadupedias,... Grandes Nuno e Teo!!!
    - Pasos de baile de Nuno e Teo a ritmo de "Resistiré", Grandes Bailaríns!!!
    - Reto das cartas corredoras de Teo, máis rápido que un raio!!!
    - Circuíto de resistencia realizado por Teo, non para de facer exercicio, directo ás Olimpiadas!!!
    - Teo transportando en equilibrio puzzles e pezas de construción cerca do teito da casa, aventureiro!!!
    - Taboa de exercicios de Nuno e Teo que acaban tirados polo chan do cansancio.
    - Teo forma o seu nome coas ordes do fitness en casa. Que pena que non te chames "Maximiliano" para facer máis letras, jajaja.
    - E tamén Nuno formando o seu nome, creo que confundiu algunha vogal pero é normal xa que é moi pequeniño aínda, bravo!!!
  • PEDRO (3ºEP):
    - Quecemento, carreira continua 45 minutos, exercicios de forza no super ximnasio da casa, boxeo e estiramentos. Ata Noa, a súa irmá, anótase ao boxeo...IMPRESIONANTE!!!
    - Reto do papel hixiénico cos pés superado de Pedro e con final inesperado. Como se resistía ese último rolo, eh Pedro? Fantásico!!!
    - Reto do papel hixiénico das flexións superado. Como custa facelo pero con Pedro, si se pode!!!
    - Outro traballo no ximnasio.
    - De novo Pedro realizando o circuíto de resistencia da semana, e coma sempre, con moita intensidade, crack!!!
  • UXÍA GIL (6ºEP):
     - Como sufro vendo a Uxía coa roda abdominal!!! e sen olvidar nunca os toques de raqueta no que é unha crack. Noraboa Uxía!!!
  • SARA (5ºEI) E HELENA (3ºEP):
    - A mariola, a comba máis unhas voltiñas en bici. Seguide así chicas, con moito movemento!!!
    - Gran baile  de Sara e Helena a ritmo de "De ellos aprendí" de David Rees e caracterizadas para a ocasión, vivaaaa!!!
  • IRIA (5ºEI) E MARTÍN (1ºEP):
    - Sesión a ritmo da canción "Resistirei": quecemento, saltos na cama elástica, volteretas, baloncesto, cuadrupedias nunha escaleira, bicicleta... Así seguro que o coronavirus marcha antes e un aplauso para os irmáns!!!
    - Reto dos abdominais conseguido. A Iria e a Martín vailles saír unha táboa ben dura na barriga, bravo!!! 
  • XONXA (2ºEP):
    - Campo a través de ida e volta + equilibrio polas rochas. Dalle duro e a facelo todos os días un pouco, Xonxa!!!
    - Reto do papel hixiénico, así se fai Xonxa, fantástico!!!
  • LEO (2ºEP):
    - Traballo de forza: 1 consello Leo, nas flexións de brazos podes apoiar os xeonllos como ben fas, pero as costas deben estar en liña coa cadeira e totalmente rectas, coida as posturas. Fantástico, segue así!!! 
  • LÍA (5ºEI):
    - O circuíto de Lía: habilidades básicas (voltereta, saltos, lanzamentos...), coordinación, e ata lle dá tempo a xogar coas construcións e montar en patinete. Grande Lía, pero no seguinte vídeo tes que obrigar a mamá!!!
  • NICOLÁS (1ºEP) E BRAIS (3ºEP):
    - Partidillo de fútbol no xardín contra Messi???
  • SALMA (5ºEI) E ADELA (1ºEP):
    - Movilidade articular moi ben realizada e un baile gym virtual da tele. Fantático traballo, chicas, seguide así!!!
  • ASIER (4ºEI) E UNAI (2ºEP):
    - Outra volta ciclista a Vincios. A ver cando nos abren ese portalón para poder saír, bravo chicos!!!
  • ANXO (5ºEI) E IAGO (2ºEP):
    - "O baile do sapiño" de Anxo e Iago, non paran de moverse e acaban esgotados, así se baila!!!
  • ZAIRA (4ºEP):
    - Percorrido de resistencia combinado con saltos e con roda lateral. Grande Zaira!!!
  • NICOLÁS CARIDE (4ºEP):
    - Circuíto de resistencia con desprazamentos coordinados, saltos e lanzamentos. Moi ben Nico!!!
  • PATRICIA (PERSOAL LIMPEZA):
    - Reto do papel hixiénico, bravo Patri por participar, proba superada e a seguir facendo moito exercicio!!!
  • PAULA PIÑEIRO (5ºEP):
    - Paula nunha eliptica en casa, ponlle rodas que xa podes saír á rúa con ela!!!
  • MARTÍN ARES (6ºEP):
    - Reto do equilibrio de Martín, faciliño, eh?, os maiores probade agora con 2-3 rolos de papel e enviade o vídeo, a ver que tal 💪!!!
  • Thiago (2ºEP):
    - Este rapaz é un fenómeno co pé, nótase que lle gusta o fútbol. Boas habilidades co balón!!!
    - Thiago e a familia en modo acrosport. Bonitas figuras!!! 

martes, 17 de marzo de 2020

A MOVERSE NA CASA!!!

Ola chicas, chicos e familias:


Imaxino que xa teredes gañas de volver ao cole, eu bótovos moito de menos!!!
Esta situación de ter que estar en casa é nova e difícil pero seguro que pasará pronto e para iso debemos estar fortes, axudar moito en casa aos vosos familiares e nunca desanimarse!!!

Como xa vos dixen moitas veces en clase, sobre todo aos maiores, se o corpo está forte a mente tamén así que temos que activar as nosas cualidades fisico-básicas desenvolvendo, sobre todo a forza e a resistencia, e tamén adquirir uns hábitos de hixiene de lavar as mans a miúdo. E en casa se poden facer moitísimas cousas para estar sans!!!

Tedes que dedicar mínimo 1h ao día para moverse e realizar traballo físico, non debedes pasar moito tempo sentados/as nin no sofá, habilitade unha zona dentro das vosas casas e... 
A MOVERSE!!!

Semana do 16 ao 22 de marzo:
Vouvos deixar enlaces de vídeos con exercicios de forza, resistencia, flexibilidade, habilidade, xogos, retos e bailes que debedes realizar en familia. É importante que nos exercicios de forza e flexibilidade utilicedes unha boa postura para que sexan efectivos. Acordádevos, é mellor realizar unha prancha de cóbados que dure 15 segundos coas costas ben rectas que unha que dure máis tempo e mal executada. 
Os máis pequenos/as pedide axuda en casa. Vale calquera tipo de exercicio, deporte, baile, xogo ou reto. Podedes gravarvos e logo ver a sesión que realizades. É divertido, xa veredes!!!

Semanas seguintes:
Tedes que idear unha sesión con exercicios, xogos, habilidades... que poidades realizar en casa ou tamén unha táboa de exercicios físicos que siga a seguinte estrutura, por exemplo:

1) Quecemento pequeno (mobilidade articular).
2) Exercicios de forza nas que interveñan diferentes partes do corpo: tronco, brazos, pernas,...
3) Algúns xogos que se poidan facer dentro de casa e en familia (sen estragar cousas, que nos coñecemos).
4) Exercicios de volta a calma: flexibilidade, xogo calmado, exercicios de relaxación e/ou respiración.

Esta sesión física que máis vos gustou facer, podedes debuxala en 1-2 folios (1ºEP e 2ºEP pedide axuda familiar) e entregarma cando se reanuden as clases. Podedes sacar ideas, mirando os vídeos dos compañeiros/as que se publicarán e que agora explicarei.

Vídeos voluntarios: Precisamos axuda das familias xa que hai que gravar a sesión creada en vídeo ou parte dela, ou algún exercicio, xogo, habilidade, baile, reto... realizado e subilo a algunha nube (Google Drive, ...). Pasádeme o enlace para compartir cos demais dentro deste blogue por medio do correo electrónico ou pola aplicación AbalarMóbil. Será unha forma de estar en contacto todos e todas e poder ver como traballamos fisicamente cada un de nós na nosa casa.

O venres 20 de marzo mandarei unha mensaxe pola aplicación AbalarMóbil ás vosas/os nais e pais na que poderedes reenviarme o enlace xunto co nome do alumno/a e curso. Tamén pode ser por mail. Eu subirei ditos enlaces a este blogue co nome do alumno/a e o curso. 

A partir de aí poderedes ver moitas variantes de sesións e xogos que realizan os vosos compañeiros/as na casa.

ANIMÁDEVOS MOITO E A REALIZAR EXERCICIO FÍSICO "#QUÉDATE EN CASA"!!!
Grazas por participar e ánimo a todas as familias!!!


ACTIVIDADE FÍSICA EN CASA
Aquí tedes unha serie de enlaces de vídeos para sacar información, así que, a investigar e a ser creativos/as. Moito ánimo e acordádevos de enviar os vídeos!!!

- Quecemento:
Importancia do quecemento.
As fases do quecemento

- Corentena con exercicio en casa:
Exemplo na casa
Entrena en casa
Axilidade en casa
Circuíto de exercicios en casa
Xogos orixinais en casa
Actividades Educación Física para realizar en casa
Empezamos? #Día1#quedateencasa #yomequedoencasa
Tes unha cadeira? #Día2 #quedateencasa #yomequedoencasa
As zapatillas nos xeonllos! #Día3 #quedateencasa
Adestramento Funcional para nenos/as en casa 1
Adestramento Funcional para nenos/as en casa 2
Cardio para nenos e nenas

- Exercicios e entrenamento para nenos/s:
Exercicios físicos para nenos e nenas
Adestramento para nenos/as
Máis adestramento para nenos e nenas
Estiramentos











- Yoga para nenos/as:
Saúdo ao Sol e Yoga con animais
Posturas de animais
Yoga en inglés para nenos
Yoga para niños - Juegos y canciones infantiles

- Pilates:
Clase completa de suelo
Con pelota

- Algún baile:
#QuédateEnCasa e a bailar !!
"Dance Monkey" Zumba Kids Choreography
Zumba Kids with Yana - "Ghostbusters"
COREOKDS - el baile del cuerpo
CantaJuego - Levantando las Manos
Head Shoulders Knees & Toes
Baile de "Caballo Dorado" e Canción de "Caballo Dorado"

- Canción combinada con exercicios:
Cabeza, Ombreiros, Xeonllos e Pés


TV2 "Muévete en casa": Programa diario de televisión en horario de 9h a 9,30h para realizar exercicio físico na casa de forma sinxela e diferenciados por idades, conducido polo profesor de fitness de OT, Cesc Escolà.
https://www.rtve.es/directo/la-2/

- Retos que se poden realizar en casa:
Cartas corredoras
Con papel hixiénico
Malabares
Raqueta


HÁBITOS DE HIXIENE
Non esquezas ducharte sempre despois de realizar exercicio físico aínda que sexa en casa.




Se temos algún familiar contaxiado/a coa enfermidade do coronavirus, non teñades medo, podemos convivir aplicando unha serie de medidas hixiénicas na casa: