lunes, 20 de diciembre de 2021

XXII CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR 2021

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organizou o día 19 de decembro o XXII Cross Escolar do Val Miñor 2021.  Participamos dunha xornada moi deportiva con moitos nenos e nenas do colexio, a pesar de que houbo algunhas baixas producidas pola Covid. 


No seguinte enlace podedes consultar os resultados da competición e descargar moitas fotos: https://valminortv.com/2021/12/21/o-cros-volve-a-ladeira/

Parabéns a todos os participantes polo voso esforzo e ás nais e pais por levalos!!!


lunes, 13 de septiembre de 2021

INICIO DO CURSO 2021-22

COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR E OUTRA VEZ CON MÁSCARA, PERO SEGURO QUE O PASAREMOS MOI BEN!!!

MATERIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA

• Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…)
• Calzado axeitado para realizar exercicio físico.
• Máscara de reposto.


• ALUMNOS/AS DE 1º e 2º EP: non teñen que traer material para o aseo persoal. Utilizarán auga e xabón do centro para asearse.
  
• ALUMNOS/AS DE 3º, 4º, 5º e 6ºEP: teñen que traer material para o aseo persoal (toalla pequena, xabón ou xel, outra camiseta limpa, etc.).