miércoles, 21 de diciembre de 2022

CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR 2022-23

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organizou o día 18 de decembro o XXIII Cross Escolar do Val Miñor 2022-23. Participamos nas diversas categorías e, a pesar do vento que fixo, participaron moitos nenos e nenas do cole.

Parabéns a todos e todas polo esforzo realizado!!! 


lunes, 5 de diciembre de 2022

CIRCUÍTO DE FORZA 6ºEP

Circuíto de forza elaborado polos propio alumnado. 

Que maneira de traballar!!!


martes, 15 de noviembre de 2022

CAMPIONATO XOGADE CAMPO A TRAVÉS EN HORARIO LECTIVO 2022-2023

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en colaboración coas Agrupacións Deportivas Escolares organizaron esta competición de campo a través destinada ao alumnado dos Centros Educativos participantes no programa XOGADE.

A finalidade desta actividade é a dinamización e promoción do Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado desde 2ºEP ata 6ºEP. Levouse a cabo en horario lectivo, o 11 de novembro na praia de Ladeira (Baiona).

Parabéns para os nosos chicos e chicas que fixeron unhas carreiras enormes!!!


jueves, 8 de septiembre de 2022

INICIO CURSO 2022-23

COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR 2022-23, PERO XA SEN MÁSCARA!!!


MATERIAL NECESARIO DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 
ALUMNADO DE PRIMARIA

  • Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…)
  • Calzado axeitado para realizar exercicio físico.
  • Material de aseo: toalla pequena, xabón ou xel e outra camiseta limpa.

sábado, 11 de junio de 2022

VISITA DO CLUB SEIS DO NADAL DE BALONMÁN

O club Seis do Nadal de Balonmán cos adestradores Guillermo e Irene, visitounos os días 8 e 10 de xuño para realizar xogos predeportivos relacionados co balonmán.

Velaquí unha mostra dos xogos realizados:

Nos meses de verán realizarán un campus gratuíto no Pavillón de Panxón. Podedes contactar para a inscrición no correo electrónico do cartel.



miércoles, 27 de abril de 2022

CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIAL PARA 4ºEP E 5ºEP

Hoxe tivemos a sorte de contar con Aser Estévez, corredor do Ciclismo Oiense o alumnado de 4ºEP e 5ºEP practicou un circuíto de habilidades coas súas bicicletas. Grazas ás familias pola colaboración!

Aquí unha mostra da  sesión:




jueves, 24 de marzo de 2022

VISITA DO CLUB DE FÚTBOL FEMININO LÓSTREGO



O xoves 24 de marzo visitounos o Club de Fútbol Feminino Lóstrego de Chaín (Gondomar) representado por Ana, Alex e Gabi como xogadoras e adestrador.

O alumnado de 4º de educación primaria quedou encantado coa presentación realizada na aula onde descubrimos o mérito que ten este club por ser dos pioneiros da provincia de Pontevedra e de Galicia en apoiar o deporte feminino e en fomentar a igualdade.

Nos próximos días virán tamén para os cursos de 5º e 6º. 

Seguro que moitas das nenas do cole xa están desexando ir aos adestramentos porque a parte práctica foi moi divertida como podedes comprobar no seguinte vídeo. 

Grazas Ana, Alex e Gabi polo traballo que desenvolvedes a prol da igualdade de sexos:

miércoles, 9 de marzo de 2022

VELOCIDADE

Aquí un exemplo de como traballar a velocidade de forma lúdica:



lunes, 14 de febrero de 2022

SEMANA DE BOLOS CELTAS CON BLANCA LAGO

Na semana do 7 ao 11 de febreiro tivemos a sorte de ter no Centro á Campiona de España e Galega de bolos celtas, Blanca Lago, pertencente ao Club de Bolos Celtas A Estivada de Baiona.

Aprendimos moitas cousas deste xogo tradicional e das súas variedades. No seguinte vídeo podedes apreciar como foi a semana: