domingo, 9 de junio de 2019

XOGOS POPULARES VAL MIÑOR

   Este venres celebrouse no campo das Cercas de Gondomar a VIII edición da Xornada Escolar de Xogos Tradicionais e Populares do Val Miñor, resultando un éxito de participación e convivencia entre o alumnado de 4º de Primaria dos centros educativos da comarca miñorana.

   Un total de 315 alumnos/as compartiron unha mañá de xogos: peóns, rá, mariolas/cacho, canicas, chaves, goma, lombas, marro, pano, texo, carreira de sacos, aros, zancos, chapas ...

   Esta actividade non só permite a socialización a través do xogo, senón tamén o fomento da creatividade, curiosidade ... tendo como fío conductor os xogos cos que medraron en experiencias os nosos avós, e que a día de hoxe, foron substituídos pola tecnoloxía do entretemento.

"Ben polos Xogos Populares"