Neste curso seguiremos levando a cabo o Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables que podedes consultar na web do centro no seguinte ENLACE. Unha das actividades que realizaremos será percorrer 1 Km diario ou milla para os/as máis ousados/as arredor do colexio, andando, correndo o como queiramos. Xa veredes que saudable vai ser.
Require de 10-15 minutos, tempo no cal a maioría dos nenos/as corren de media unha milla.
Os nenos/as corren ao aire libre.
Non fai falta montar nin recoller nada, nin se necesitan medios técnicos de ningún tipo.
Non fai falta ningunha formación especial para os profesores, nin supón unha carga de traballo adicional para eles.
Os nenos/as corren coa roupa que levan posta, polo que non se necesita equipamento especial nin se perde tempo cambiándose de roupa.
É unha actividade social, non competitiva e divertida.
Os nenos/as volven a clase despexados/as e listos/as para aprender.
Contribúe a mellorar a condición física e a manter un peso saudable.
Anima aos nenos/as a que tomen conciencia da súa saúde.
É unha actividade plenamente inclusiva: cada neno/a, independentemente das súas circunstancias, idade ou aptitude, é capaz de completar con éxito.
Moito ánimo que podemos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario