O venres 4 de outubro, o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participou no Campionato Xogade de Campo a través para Centros Escolares 2024-25 fase zonal por aulas na Praia de Ladeira e en horario escolar.
O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia e a Agrupación Deportiva Val Miñor organizaron esta competición destinada ao alumnado dos Centros Educativos do Val Miñor participantes no programa XOGADE.
A finalidade desta actividade é a dinamización e promoción do Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado co obxectivo de loitar contra o sedentarismo.
O noso obxectivo foi rematar a proba e pelexar ata o final!!!
CONSEGUIDO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario