Aínda que o día non acompañou debido ao mal tempo, boa participación do alumnado do cole.
Estamos moi orgullosos e orgullosas da vosa actuación.
Parabéns!!!
Aínda que o día non acompañou debido ao mal tempo, boa participación do alumnado do cole.
Estamos moi orgullosos e orgullosas da vosa actuación.
Parabéns!!!
A Concellaría de Deportes do Concello de Baiona e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar “Xogade”, organizan o XXV Cross Escolar do Val Miñor, carreira que se desenvolverá o domingo día 20 de outubro de 2024 no antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabarís, Baiona.
Todos aqueles interesados/as en participar deberedes entregar As inscricións entregaranse ao titor/a antes do día 14 de outubro.
Entregaremos os dorsais previamente no colexio.
Comprobade os horarios de saída das diferentes probas segundo o ano de nacemento para ser puntuais. Haberá que estar media hora antes da saída para quentar.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
O venres 4 de outubro, o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participou no Campionato Xogade de Campo a través para Centros Escolares 2024-25 fase zonal por aulas na Praia de Ladeira e en horario escolar.
O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia e a Agrupación Deportiva Val Miñor organizaron esta competición destinada ao alumnado dos Centros Educativos do Val Miñor participantes no programa XOGADE.
A finalidade desta actividade é a dinamización e promoción do Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado co obxectivo de loitar contra o sedentarismo.
O noso obxectivo foi rematar a proba e pelexar ata o final!!!
CONSEGUIDO!!!
O 27 de setembro tivemos a sorte de que nos visitou o Club de Fútbol Feminino Lóstrego de Chaín (Gondomar) representado por Alex e Sinu.
O alumnado de 3º e 4º de educación primaria quedou encantado coa presentación realizada na aula onde descubrimos o mérito que ten este club por ser dos pioneiros da provincia de Pontevedra e de Galicia en apoiar o deporte feminino e en fomentar a igualdade.
Seguro que moitas das nenas do cole xa están desexando ir aos adestramentos porque a parte práctica foi moi divertida como podedes comprobar no seguinte vídeo.
Parabens ao club, polo traballo que desenvolve a prol da igualdade de sexos:
Juan Freitas, director e adestrador do Club de Tenis Gondomar, leva desempeñando unha labor deportiva excelente dende hai moitos anos no noso Concello. Tivemos a sorte de que nos visitase a semana do 16 ao 20 de setambro para ensinarnos aspectos técnicos e valores que transmite o deporte da raqueta. Realizamos xogos moi divertidos!!!
Os mércores pola tarde está previsto que se desenvolva a actividade de tenis no cole, así que todos/as os que queirades practicalo, ANOTÁDEVOS!!!
Aquí podemos ver unha mostra das actividades realizadas.
Grazas Juan!!!
É moi saudable realizar exercicio como mínimo 3 días á semana. animádevos con toda a oferta de actividade física que temos á nosa disposición organizadas pola ANPA do cole ou se queredes as das escolas deportivas do Concello de Gondomar ou onde máis vos guste:
Neste curso seguiremos levando a cabo o Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables que podedes consultar na web do centro no seguinte ENLACE. Unha das actividades que realizaremos será percorrer 1 Km diario ou milla para os/as máis ousados/as arredor do colexio, andando, correndo o como queiramos. Xa veredes que saudable vai ser.
Os nenos/as corren ao aire libre.
Non fai falta montar nin recoller nada, nin se necesitan medios técnicos de ningún tipo.
Non fai falta ningunha formación especial para os profesores, nin supón unha carga de traballo adicional para eles.
Os nenos/as corren coa roupa que levan posta, polo que non se necesita equipamento especial nin se perde tempo cambiándose de roupa.
É unha actividade social, non competitiva e divertida.
Os nenos/as volven a clase despexados/as e listos/as para aprender.
Contribúe a mellorar a condición física e a manter un peso saudable.
Anima aos nenos/as a que tomen conciencia da súa saúde.
É unha actividade plenamente inclusiva: cada neno/a, independentemente das súas circunstancias, idade ou aptitude, é capaz de completar con éxito.
Moito ánimo que podemos!!!
Un ano máis acudimos no mes de abril ás instalacións de Instinto Deportivo no CUVI a realizar un traballo de tonificación (ximnasio, spinning, circuíto de forza e resistencia) e de habilidades acuáticas a base de desprazamentos, saltos e xogos dentro da auga.
Damos as grazas coma sempre á Comunidade de Montes de Vincios e á ANPA por apoiar esta actividade e ao persoal de Instinto Deportivo do CUVI por tratarnos tan ben e aprender tanto deles.
Nos seguintes vídeos podemos ver o desenvolvemento da actividade:
Percorrido no cal realizamos exercicios de saltos, xiros e equilibrios:
O 2 de febreiro os alumnos e alumnas de 2ºEP participaron no Campionato Provincial de Cross celebrado na localidade de Portas e tiveron unha gran actuación. PARABÉNS!!!
Aquí deixamos un vídeo con 2 xogos aplicados ao Floorbal do curso de 3ºEP:
Finalmente e despois de aprazarse esta competición de campo a través varias veces polo mal tempo, o 11 de xaneiro participamos durante a mañá nesta proba para o alumnado de 2ºEP a 6ºEP.
Obxectivo cumprido xa que rematamos todas as probas e por riba a aula de 2ºEP clasificouse para o Campionato Provincial a celebrar na localidade de Portas (Pontevedra) o día 25 de xaneiro.
Parabéns a todos os cursos polo ben que o fixeron!!!
O xoves 11 de xaneiro celebraremos o Campionato Xogade de Campo a través para Centros Escolares 2023-24 fase zonal Primaria na Praia de Ladeira e en horario escolar, na cal participaremos co alumnado de 2º, 3º 4º, 5º e 6º de primaria.
O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia e a Agrupación Deportiva Val Miñor organizan esta competición destinada ao alumnado dos Centros Educativos participantes no programa XOGADE.
A finalidade desta actividade é a dinamización e promoción do Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado co obxectivo de loitar contra o sedentarismo.
O noso obxectivo será rematar a proba e pelexar ata o final!!!
Os horarios das diferentes probas serán: