Aínda que o día non acompañou debido ao mal tempo, boa participación do alumnado do cole.
Estamos moi orgullosos e orgullosas da vosa actuación.
Parabéns!!!
Aínda que o día non acompañou debido ao mal tempo, boa participación do alumnado do cole.
Estamos moi orgullosos e orgullosas da vosa actuación.
Parabéns!!!
A Concellaría de Deportes do Concello de Baiona e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar “Xogade”, organizan o XXV Cross Escolar do Val Miñor, carreira que se desenvolverá o domingo día 20 de outubro de 2024 no antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabarís, Baiona.
Todos aqueles interesados/as en participar deberedes entregar As inscricións entregaranse ao titor/a antes do día 14 de outubro.
Entregaremos os dorsais previamente no colexio.
Comprobade os horarios de saída das diferentes probas segundo o ano de nacemento para ser puntuais. Haberá que estar media hora antes da saída para quentar.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
O venres 4 de outubro, o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participou no Campionato Xogade de Campo a través para Centros Escolares 2024-25 fase zonal por aulas na Praia de Ladeira e en horario escolar.
O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia e a Agrupación Deportiva Val Miñor organizaron esta competición destinada ao alumnado dos Centros Educativos do Val Miñor participantes no programa XOGADE.
A finalidade desta actividade é a dinamización e promoción do Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado co obxectivo de loitar contra o sedentarismo.
O noso obxectivo foi rematar a proba e pelexar ata o final!!!
CONSEGUIDO!!!