viernes, 27 de septiembre de 2024

COÑECE O MEU CLUB: CLUB DE FÚTBOL FEMININO LÓSTREGO DE CHAÍN

O 27 de setembro tivemos a sorte de que nos visitou o Club de Fútbol Feminino Lóstrego de Chaín (Gondomar) representado por Alex e Sinu.

O alumnado de 3º e 4º de educación primaria quedou encantado coa presentación realizada na aula onde descubrimos o mérito que ten este club por ser dos pioneiros da provincia de Pontevedra e de Galicia en apoiar o deporte feminino e en fomentar a igualdade.

Seguro que moitas das nenas do cole xa están desexando ir aos adestramentos porque a parte práctica foi moi divertida como podedes comprobar no seguinte vídeo. 

Parabens ao club, polo traballo que desenvolve a prol da igualdade de sexos:

viernes, 20 de septiembre de 2024

COÑECE O MEU CLUB: CLUB DE TENIS GONDOMAR

Juan Freitas, director e adestrador do Club de Tenis Gondomar, leva desempeñando unha labor deportiva excelente dende hai moitos anos no noso Concello. Tivemos a sorte de que nos visitase a semana do 16 ao 20 de setambro para ensinarnos aspectos técnicos e valores que transmite o deporte da raqueta. Realizamos xogos moi divertidos!!!

Os mércores pola tarde está previsto que se desenvolva a actividade de tenis no cole, así que todos/as os que queirades practicalo, ANOTÁDEVOS!!! 

Aquí podemos ver unha mostra das actividades realizadas. 

Grazas Juan!!!

jueves, 12 de septiembre de 2024

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

É moi saudable realizar exercicio como mínimo 3 días á semana. animádevos con toda a oferta de actividade física que temos á nosa disposición organizadas pola ANPA do cole ou se queredes as das escolas deportivas do Concello de Gondomar ou onde máis vos guste:



PLAN DE ACTIVIDADES FÍSICAS E HABITOS SAUDABLES

Neste curso seguiremos levando a cabo o Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables que podedes consultar na web do centro no seguinte ENLACE. Unha das actividades que realizaremos será percorrer 1 Km diario ou milla para os/as máis ousados/as arredor do colexio, andando, correndo o como queiramos. Xa veredes que saudable vai ser.


Require de 10-15 minutos, tempo no cal a maioría dos nenos/as corren de media unha milla.

Os nenos/as corren ao aire libre.

Non fai falta montar nin recoller nada, nin se necesitan medios técnicos de ningún tipo.

Non fai falta ningunha formación especial para os profesores, nin supón unha carga de traballo adicional para eles.

Os nenos/as corren coa roupa que levan posta, polo que non se necesita equipamento especial nin se perde tempo cambiándose de roupa.

É unha actividade social, non competitiva e divertida.

Os nenos/as volven a clase despexados/as e listos/as para aprender.

Contribúe a mellorar a condición física e a manter un peso saudable.

Anima aos nenos/as a que tomen conciencia da súa saúde.

É unha actividade plenamente inclusiva: cada neno/a, independentemente das súas circunstancias, idade ou aptitude, é capaz de completar con éxito.

Moito ánimo que podemos!!! 

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2024-25

XA ESTAMOS DE VOLTA NO CURSO 2024-25 E COAS PILAS CARGADAS PARA UN ANO MOI DEPORTIVO E OLÍMPICO!!!

MATERIAL NECESARIO DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA ALUMNADO DE PRIMARIA:

  • Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…)
  • Calzado axeitado para realizar exercicio físico. 
  • Material de aseo: toalla pequena, xabón ou xel e outra camiseta limpa.