Ola chicos e chicas, espero que esteades moi ben, cada vez queda menos para volver a vernos!!!
É moi importante que realicedes algunha actividade física diaria:
- Consulta os vídeos con exemplos de exercicios de “A Moverse na Casa” que vou actualizando todos os días.
- Tamén podedes ver os "Vídeos Enviados polas Familias" e participar enviando os vosos.
Aparte deste traballo físico diario, déixovos as seguintes propostas semanais para realizar:
Agardo que no verán fagades moito pero moito exercicio e seguro que en setembro todo vai ben e volvemos a estar xuntos outra vez. Aos de 6º que marchades ao instituto, deséxovos moita sorte e que volvades de visita para poder darnos un abrazo grande. FELICES VACACIÓNS!!!
Nesta última semana de curso, na que xa noto que estades bastante cansos e cansas, non vos mandarei nada, igual que no cole que xogamos ao que máis nos gusta, o único dicirvos que realicedes exercicio físico a miúdo para estar sans e fortes. Orgulloso me sinto de todos e todas vós. Podedes consultar este blogue durante o verán onde hai moitos exemplos de sesións que podedes realizar nas 3 entradas que fixemos desde o mes de marzo.
Déixovos estes 2 vídeos, relacionados co deporte, dun grupo de actores cómicos especialistas en linguaxe corporal por se queredes pasar un rato agradable. APERTAS E TODO SAIRÁ BEN!!!
Para esta semana podes realizar estas 2 rutinas:
1- Exercicios de forza, resistencia e mobilidade, faciliños. Coida moito as posturas e acórdate, costas sempre rectas. Vai en inglés e de paso poñemos contenta á teacher e que participe toda a familia!!!
2- Fitness en casa: como se fai o teu nome?
Cada letra do abecedario ten unha actividade asociada.
Podes probar a realizar o seguinte:
- Formar o teu nome e o dos membros da túa familia.
- Tamén podes engadir os apelidos.
- Intenta formar as palabras “educación física”.
- Cal é a palabra máis longa que coñeces?
- Sabes unha palabra que teña as cinco vogais?
- etc.
Envía a túa secuencia como sempre nun enlace de vídeo, a ver se adiviñamos a palabra que nos ofreces.
Ánimo e a practicar!!!
O enlace leva ata outra
oca interactiva xa que creo que vos gustou a anterior. Elixe un balón e sitúao
na saída (5 xogadores/as) que será a túa ficha, arrástraa ata a saída e lanza o
dado, para iso pincha no dado que está na esquina superior dereita, no medio do
vídeo, dálle a pausar para saber que número te saíu. Vai á casiña
correspondente e fai a proba física que te indique (para os máis pequenos
podedes adaptar as probas con menos repeticións). Se tes éxito avanzas ata esa
casiña pero se erras, quedas onde estabas. Gaña o que antes chega ao 57.
2- Busca no teu ciclo e realiza as actividades online que se propoñen relacionadas con educación física e recorda, pensa ben antes de contestar (Ao parecer, os enlaces dan problemas nos móbiles. No ordenador, se as actividades non se ven, hai que activar Flash Player. Pincha no enlace e fai clic na icona da "i" ao lado esquerdo da dirección web. Na ventana emerxente, busca a opción Flash e fai clic no menú desplegable xunto a el e configúrao en "permitir sempre" para executar Flash neste sitio. Reinicia o navegador para actualizalo.)
2- Sé creativo e inventa outros exercicios de habilidades que poidas realizar coa pelota, podes enviar un enlace dun vídeo.
3- Neste enlace sodes os protagonistas dun videoxogo. Debedes correr, saltar ou agacharvos segundo os obstáculos que vexades na pantalla. Pinchade aquí e a ver se sodes capaces de superar os 4 niveis e derrotar ao dinosauro final!!!
1- Antes de realizar nada, mira con tranquilidade os seguintes enlaces para elixir o que queres traballar:
a) En que consiste o Acrosport?
b) Imaxes de figuras de Acrosport (de 2 a 8 persoas).
c) Imaxe do Abecedario de Acrosport.
d) Vídeo exemplo de figuras de Acrosport:
2- Pensa nas medidas de seguridade importantes que tes que adoptar e prepara unha zona da casa, pide axuda á familia, nunca só ou soa: apartar obxectos, estar descalzo, usar esterilla, alfombra ou colchón, realizar quecemento inicial de mobilidade articular, costas sempre rectas, os agarres, os apoios, o portor, o áxil, o axudante…
3- Practica en familia 2 veces á semana todas as figuras que poidas realizar e as que máis che gusten (2-3-4…persoas) e envíame un enlace dun vídeo curtiño subido a Drive para ver que tal o facedes (por mensaxería Abalar ou mail). Eu publicarei o enlace na sección "Vídeos Enviados polas Familias". "TODO SAIRÁ BEN" E SEGUIMOS MOVÉNDONOS!!!
Déixovos un par de figuras miñas, a ver se vos gustan: pincha aquí
2- Inventa os teus equilibrios: dálle á imaxinación e que sexan distintos aos propostos. Enviade algún vídeo, seguro que son fantásticos!!!
- ÚLTIMA SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO:
Agardo que no verán fagades moito pero moito exercicio e seguro que en setembro todo vai ben e volvemos a estar xuntos outra vez. Aos de 6º que marchades ao instituto, deséxovos moita sorte e que volvades de visita para poder darnos un abrazo grande. FELICES VACACIÓNS!!!
Nesta última semana de curso, na que xa noto que estades bastante cansos e cansas, non vos mandarei nada, igual que no cole que xogamos ao que máis nos gusta, o único dicirvos que realicedes exercicio físico a miúdo para estar sans e fortes. Orgulloso me sinto de todos e todas vós. Podedes consultar este blogue durante o verán onde hai moitos exemplos de sesións que podedes realizar nas 3 entradas que fixemos desde o mes de marzo.
Déixovos estes 2 vídeos, relacionados co deporte, dun grupo de actores cómicos especialistas en linguaxe corporal por se queredes pasar un rato agradable. APERTAS E TODO SAIRÁ BEN!!!
- SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO:
Para esta semana podes realizar estas 2 rutinas:
1- Exercicios de forza, resistencia e mobilidade, faciliños. Coida moito as posturas e acórdate, costas sempre rectas. Vai en inglés e de paso poñemos contenta á teacher e que participe toda a familia!!!
2- Fitness en casa: como se fai o teu nome?
Cada letra do abecedario ten unha actividade asociada.
Podes probar a realizar o seguinte:

- Tamén podes engadir os apelidos.
- Intenta formar as palabras “educación física”.
- Cal é a palabra máis longa que coñeces?
- Sabes unha palabra que teña as cinco vogais?
- etc.
Envía a túa secuencia como sempre nun enlace de vídeo, a ver se adiviñamos a palabra que nos ofreces.
Ánimo e a practicar!!!
- SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO:

Se non funciona a Oca
Interactiva, xa que ás veces está saturada de visitas, podedes debuxar e pintar o xogo
ou ben descargar o arquivo. EN FAMILIA, sempre máis
divertido!!!
2- Busca no teu ciclo e realiza as actividades online que se propoñen relacionadas con educación física e recorda, pensa ben antes de contestar (Ao parecer, os enlaces dan problemas nos móbiles. No ordenador, se as actividades non se ven, hai que activar Flash Player. Pincha no enlace e fai clic na icona da "i" ao lado esquerdo da dirección web. Na ventana emerxente, busca a opción Flash e fai clic no menú desplegable xunto a el e configúrao en "permitir sempre" para executar Flash neste sitio. Reinicia o navegador para actualizalo.)
1ºCiclo (1ºEP e 2ºEP)
- “Diverland”:
2ºCiclo (3ºEP e 4ºEP)
- “Ludoland”:
3ºCiclo (5ºEP e 6ºEP)
- “Moviland”:
- SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO:
2- Sé creativo e inventa outros exercicios de habilidades que poidas realizar coa pelota, podes enviar un enlace dun vídeo.
3- Neste enlace sodes os protagonistas dun videoxogo. Debedes correr, saltar ou agacharvos segundo os obstáculos que vexades na pantalla. Pinchade aquí e a ver se sodes capaces de superar os 4 niveis e derrotar ao dinosauro final!!!
4- Reto da zapatilla en equilibrio:
dificilísimo!!! Xa vos digo que o intentei como 20 veces pero me foi imposible.
Eu creo que vós seredes capaces porque tedes máis habilidade e algunha profe do
cole tamén, a ver se adiviñades de quen se trata:
Envíame un enlace dun
vídeo curtiño subido a Drive para ver que tal o facedes (por mensaxería Abalar
ou mail). Eu publicarei o enlace na sección "Vídeos Enviados polas Familias". TODO SAIRÁ BEN E SEGUIMOS MOVÉNDONOS!!!
- SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO:
1- Antes de realizar nada, mira con tranquilidade os seguintes enlaces para elixir o que queres traballar:
a) En que consiste o Acrosport?
b) Imaxes de figuras de Acrosport (de 2 a 8 persoas).
c) Imaxe do Abecedario de Acrosport.
d) Vídeo exemplo de figuras de Acrosport:
2- Pensa nas medidas de seguridade importantes que tes que adoptar e prepara unha zona da casa, pide axuda á familia, nunca só ou soa: apartar obxectos, estar descalzo, usar esterilla, alfombra ou colchón, realizar quecemento inicial de mobilidade articular, costas sempre rectas, os agarres, os apoios, o portor, o áxil, o axudante…
3- Practica en familia 2 veces á semana todas as figuras que poidas realizar e as que máis che gusten (2-3-4…persoas) e envíame un enlace dun vídeo curtiño subido a Drive para ver que tal o facedes (por mensaxería Abalar ou mail). Eu publicarei o enlace na sección "Vídeos Enviados polas Familias". "TODO SAIRÁ BEN" E SEGUIMOS MOVÉNDONOS!!!
Déixovos un par de figuras miñas, a ver se vos gustan: pincha aquí
- SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO:
Debes realizar un
quecemento previo de mobilidade articular e a continuación realizar unha serie
de exercicios que vos poño nun vídeo. Primeiro mira o vídeo, prepara o material
que vos servirán cousas de casa e vai facendo pausas para executalo ben. Repite
as veces que fagan falta. Se notas fatiga, faino en varios días e adapta as
repeticións á túa idade:
1- Vídeo: quecemento
e exercicios de propiocepción e equilibrio (truco: mete ben o abdome hacia dentro cando fagas equilibrio, así controlarás mellor o teu corpo):
2- Inventa os teus equilibrios: dálle á imaxinación e que sexan distintos aos propostos. Enviade algún vídeo, seguro que son fantásticos!!!
3- Reto do equilibrio (pincha aquí): esta vez faciliño, a ver quen o consigue!!!
Non vos esquezades de enviarme un enlace dun vídeo curtiño subido a Drive para ver que tal o facedes (por mensaxería Abalar ou mail). Eu colocarei o enlace na sección "Vídeos Enviados polas Familias". MOITO ÁNIMO E SEGUIMOS MOVÉNDONOS!!!

- SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO:
Dálle duro que esta semana hai que suar!!! Non vos esquezades de enviarme un enlace dun vídeo curtiño subido a Drive para ver que tal o facedes (por mensaxería Abalar ou mail).
1- De oca a oca, moverse é o que toca:
O enlace leva ata unha Oca Interactiva moi divertida. Elixe un número (do 1 ao 6) que será a túa ficha, arrástraa ata a saída e lanza o dado, para iso pincha no dado que está abaixo á esquerda e, no medio do vídeo, dálle a pausar para saber que número te saíu. Pon o rato nese número e fai a proba física que te indique. Se tes éxito avanzas ata esa casiña pero se erras, quedas onde estabas. Gaña o que antes chega ao 50.
Se non funciona a Oca Interactiva, xa que ás veces está saturada de visitas, podedes debuxar e pintar o xogo da oca da foto ou imprimir este arquivo onde veñen o taboleiro e as ordes. EN FAMILIA, máis divertido!!!
2- Retos a realizar esta semana que podedes adaptar segundo idades:
- Reto das cartas corredoras (velocidade)
- Reto das cartas voadoras (respiración)
- 4 Retos do papel hixiénico (forza, equilibrio) Se o profe supera este reto, "que non se diga", ti o farás mellor...
Non esquezas enviar o teu vídeo onde incluso podes propoñer outros retos.
3- Busca no teu ciclo e realiza as actividades online que se propoñen relacionadas con educación física e recorda, pensa ben antes de contestar (nos móbiles dá problemas, mellor opción no ordenador):
1ºCiclo (1ºEP e 2ºEP):
Disfrazámonos.
2ºCiclo (3ºEP e 4ºEP):
Excursión a Ludoland.
3ºCiclo (5ºEP e 6ºEP):
Non perdas o norte.
2- Busca no teu ciclo e realiza as actividades online que se propoñen relacionadas con educación física e recorda, pensa ben antes de contestar:
- Circuíto de resistencia
para 1ºEP e 2ºEP:
Segue as indicacións do seguinte vídeo. Son 8 exercicios con
moitas repeticións e pausas pero que cada un o faga ao seu ritmo (recorda coidar as posturas) e se notas que son
moitas repeticións, podes facer menos e descansar máis entre exercicios. Este traballo deberías repetilo as veces que queiras durante esta semana. Ánimo e a seguir movéndose!!! Cando remates, fai os estiramentos da dereita:
- Circuíto de
resistencia para 3ºEP, 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP:
Tamén toca exercicio
duro para esta semana. É un circuíto de 8 estacións que tes que preparar previamente
para que os exercicios saian ben, recorda utilizar boas posturas. 3º e 4º que
repita 2 veces o circuíto e 5º e 6º, 3 veces. Empeza polo exercicio nº
1 e remata no nº 8.
Cando acabes 1 ronda,
descansa realizando os exercicios de estiramentos durante 5 minutos. Este traballo
deberías facelo mínimo 2 veces durante esta semana.
Pincha nos números para ver as explicacións antes de realizalo. Ánimo e a seguir movéndose!!!
* (Ás veces esta páxina está colapsada, se non podes entrar, inténtao un pouquiño máis tarde)
- Reto dos abdominais: esta semana servirá para que vos poñades en forma e saír á rúa a pasear estando fortes, así que vos deixo este reto (truco: mete moito o embigo cara adentro, así protexes as costas), ÁNIMO!!!
Pincha aquí

- SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL:

Se non funciona a Oca Interactiva, xa que ás veces está saturada de visitas, podedes debuxar e pintar o xogo da oca da foto ou imprimir este arquivo onde veñen o taboleiro e as ordes. EN FAMILIA, máis divertido!!!
2- Retos a realizar esta semana que podedes adaptar segundo idades:
- Reto das cartas corredoras (velocidade)
- Reto das cartas voadoras (respiración)
- 4 Retos do papel hixiénico (forza, equilibrio) Se o profe supera este reto, "que non se diga", ti o farás mellor...
Non esquezas enviar o teu vídeo onde incluso podes propoñer outros retos.
3- Busca no teu ciclo e realiza as actividades online que se propoñen relacionadas con educación física e recorda, pensa ben antes de contestar (nos móbiles dá problemas, mellor opción no ordenador):
1ºCiclo (1ºEP e 2ºEP):
Disfrazámonos.
2ºCiclo (3ºEP e 4ºEP):
Excursión a Ludoland.
3ºCiclo (5ºEP e 6ºEP):
Non perdas o norte.
- SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL:
1- Esta semana imos traballar a coordinación mediante o baile e como a temática deste ano vai sobre iso, ensaiade os seguintes pasos para ver do que sodes capaces de conseguir. Facédeo en familia que é superdivertido, seguro que vos sae fantástico! Os/as que queirades, podedes enviarme (por Abalar ou mail) un enlace dun vídeo curtiño subido a DRIVE con algúns pasos de baile propostos e coa música que prefirades para compartir con todos e todas. Eu subirei os enlaces á sección de "Vídeos Enviados polas Familias". A ver cantos valentes e valentas temos en Vincios, seguro que moitos e moitas, ÁNIMO BAILARÍNS E BAILARINAS!!!
2- Busca no teu ciclo e realiza as actividades online que se propoñen relacionadas con educación física e recorda, pensa ben antes de contestar:
1ºCiclo (1ºEP e 2ºEP):
2ºCiclo (3ºEP e 4ºEP):
3ºCiclo (5ºEP e 6ºEP):
En busca do óso perdido.- SEMANA DO 13 AO 17 DE ABRIL:
Busca no teu ciclo e realiza todas as actividades online que se propoñen relacionadas con educación física. Pensa ben as respostas, xa que leva contador de acertos e erros, tamén podes consultar os informes para ver os resultados. Se sae mal podes volver a intentalo, ÁNIMO!!!:
(Ao parecer, os enlaces dan problemas nos móbiles. No ordenador, se as actividades non se ven, hai que activar Flash Player. Pincha no enlace e fai clic na icona da "i" ao lado esquerdo da dirección web. Na ventana emerxente, busca a opción Flash e fai clic no menú desplegable xunto a el e configúrao en "permitir sempre" para executar Flash neste sitio. Reinicia o navegador para actualizalo.)
1ºCiclo (1ºEP e 2ºEP) - “Diverland”:
2ºCiclo (3ºEP e 4ºEP) - “Ludoland”:
3ºCiclo (5ºEP e 6ºEP) - “Moviland”: