martes, 17 de marzo de 2020

A MOVERSE NA CASA!!!

Ola chicas, chicos e familias:


Imaxino que xa teredes gañas de volver ao cole, eu bótovos moito de menos!!!
Esta situación de ter que estar en casa é nova e difícil pero seguro que pasará pronto e para iso debemos estar fortes, axudar moito en casa aos vosos familiares e nunca desanimarse!!!

Como xa vos dixen moitas veces en clase, sobre todo aos maiores, se o corpo está forte a mente tamén así que temos que activar as nosas cualidades fisico-básicas desenvolvendo, sobre todo a forza e a resistencia, e tamén adquirir uns hábitos de hixiene de lavar as mans a miúdo. E en casa se poden facer moitísimas cousas para estar sans!!!

Tedes que dedicar mínimo 1h ao día para moverse e realizar traballo físico, non debedes pasar moito tempo sentados/as nin no sofá, habilitade unha zona dentro das vosas casas e... 
A MOVERSE!!!

Semana do 16 ao 22 de marzo:
Vouvos deixar enlaces de vídeos con exercicios de forza, resistencia, flexibilidade, habilidade, xogos, retos e bailes que debedes realizar en familia. É importante que nos exercicios de forza e flexibilidade utilicedes unha boa postura para que sexan efectivos. Acordádevos, é mellor realizar unha prancha de cóbados que dure 15 segundos coas costas ben rectas que unha que dure máis tempo e mal executada. 
Os máis pequenos/as pedide axuda en casa. Vale calquera tipo de exercicio, deporte, baile, xogo ou reto. Podedes gravarvos e logo ver a sesión que realizades. É divertido, xa veredes!!!

Semanas seguintes:
Tedes que idear unha sesión con exercicios, xogos, habilidades... que poidades realizar en casa ou tamén unha táboa de exercicios físicos que siga a seguinte estrutura, por exemplo:

1) Quecemento pequeno (mobilidade articular).
2) Exercicios de forza nas que interveñan diferentes partes do corpo: tronco, brazos, pernas,...
3) Algúns xogos que se poidan facer dentro de casa e en familia (sen estragar cousas, que nos coñecemos).
4) Exercicios de volta a calma: flexibilidade, xogo calmado, exercicios de relaxación e/ou respiración.

Esta sesión física que máis vos gustou facer, podedes debuxala en 1-2 folios (1ºEP e 2ºEP pedide axuda familiar) e entregarma cando se reanuden as clases. Podedes sacar ideas, mirando os vídeos dos compañeiros/as que se publicarán e que agora explicarei.

Vídeos voluntarios: Precisamos axuda das familias xa que hai que gravar a sesión creada en vídeo ou parte dela, ou algún exercicio, xogo, habilidade, baile, reto... realizado e subilo a algunha nube (Google Drive, ...). Pasádeme o enlace para compartir cos demais dentro deste blogue por medio do correo electrónico ou pola aplicación AbalarMóbil. Será unha forma de estar en contacto todos e todas e poder ver como traballamos fisicamente cada un de nós na nosa casa.

O venres 20 de marzo mandarei unha mensaxe pola aplicación AbalarMóbil ás vosas/os nais e pais na que poderedes reenviarme o enlace xunto co nome do alumno/a e curso. Tamén pode ser por mail. Eu subirei ditos enlaces a este blogue co nome do alumno/a e o curso. 

A partir de aí poderedes ver moitas variantes de sesións e xogos que realizan os vosos compañeiros/as na casa.

ANIMÁDEVOS MOITO E A REALIZAR EXERCICIO FÍSICO "#QUÉDATE EN CASA"!!!
Grazas por participar e ánimo a todas as familias!!!


ACTIVIDADE FÍSICA EN CASA
Aquí tedes unha serie de enlaces de vídeos para sacar información, así que, a investigar e a ser creativos/as. Moito ánimo e acordádevos de enviar os vídeos!!!

- Quecemento:
Importancia do quecemento.
As fases do quecemento

- Corentena con exercicio en casa:
Exemplo na casa
Entrena en casa
Axilidade en casa
Circuíto de exercicios en casa
Xogos orixinais en casa
Actividades Educación Física para realizar en casa
Empezamos? #Día1#quedateencasa #yomequedoencasa
Tes unha cadeira? #Día2 #quedateencasa #yomequedoencasa
As zapatillas nos xeonllos! #Día3 #quedateencasa
Adestramento Funcional para nenos/as en casa 1
Adestramento Funcional para nenos/as en casa 2
Cardio para nenos e nenas

- Exercicios e entrenamento para nenos/s:
Exercicios físicos para nenos e nenas
Adestramento para nenos/as
Máis adestramento para nenos e nenas
Estiramentos











- Yoga para nenos/as:
Saúdo ao Sol e Yoga con animais
Posturas de animais
Yoga en inglés para nenos
Yoga para niños - Juegos y canciones infantiles

- Pilates:
Clase completa de suelo
Con pelota

- Algún baile:
#QuédateEnCasa e a bailar !!
"Dance Monkey" Zumba Kids Choreography
Zumba Kids with Yana - "Ghostbusters"
COREOKDS - el baile del cuerpo
CantaJuego - Levantando las Manos
Head Shoulders Knees & Toes
Baile de "Caballo Dorado" e Canción de "Caballo Dorado"

- Canción combinada con exercicios:
Cabeza, Ombreiros, Xeonllos e Pés


TV2 "Muévete en casa": Programa diario de televisión en horario de 9h a 9,30h para realizar exercicio físico na casa de forma sinxela e diferenciados por idades, conducido polo profesor de fitness de OT, Cesc Escolà.
https://www.rtve.es/directo/la-2/

- Retos que se poden realizar en casa:
Cartas corredoras
Con papel hixiénico
Malabares
Raqueta


HÁBITOS DE HIXIENE
Non esquezas ducharte sempre despois de realizar exercicio físico aínda que sexa en casa.




Se temos algún familiar contaxiado/a coa enfermidade do coronavirus, non teñades medo, podemos convivir aplicando unha serie de medidas hixiénicas na casa:



No hay comentarios:

Publicar un comentario