domingo, 8 de octubre de 2023

COÑECE O MEU CLUB: CLUB DE TENIS DE GONDOMAR

Isabel, adestradora do Club de Tenis de Gondomar, estivo no colexio a semana do 2 ao 6 de outubro e coñecimos un pouquiño máis o deporte da raqueta. Realizamos xogos moi divertidos!!!

Os mércores pola tarde adestrará no cole a todos/as os que queirades practicalo. 

ANOTÁDEVOS!!!



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES = SAÚDE

É moi saudable realizar exercicio como mínimo 3 días á semana. animádevos con toda a oferta de actividade física que temos á nosa disposición organizadas pola ANPA do cole ou se queredes as das escolas deportivas do Concello de Gondomar ou onde máis vos guste:



PLAN DE ACTIVIDADES FÍSICAS E HABITOS SAUDABLES

Neste curso levaremos a cabo un Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables que podedes consultar na web do centro no seguinte ENLACE. Unha das actividades que realizaremos será percorrer 1 Km diario ou milla para os/as máis ousados/as arredor do colexio, andando, correndo o como queiramos. Xa veredes que saudable vai ser.

Moito ánimo que podemos!!! 

  • Tan só require 10-15 minutos, tempo no cal a maioría dos nenos/as corren de media unha milla.
  • Os nenos/as corren ao aire libre.
  • Non fai falta montar nin recoller nada, nin se necesitan medios técnicos de ningún tipo.
  • Non fai falta ningunha formación especial para os profesores, nin supón unha carga de traballo adicional para eles.
  • Os nenos/as corren coa roupa que levan posta, polo que non se necesita equipamento especial nin se perde tempo cambiándose de roupa.
  • É unha actividade social, non competitiva e divertida.
  • Os nenos/as volven a clase despexados/as e listos/as para aprender.
  • Contribúe a mellorar a condición física e a manter un peso saudable.
  • Anima aos nenos/as a que tomen conciencia da súa saúde.
  • É unha actividade plenamente inclusiva: cada neno/a, independentemente das súas circunstancias, idade ou aptitude, é capaz de completar con éxito
    The Daily Mile
    .

INICIO CURSO 2023-24


COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR 2023-24, CON MOITA ILUSIÓN!!!



MATERIAL NECESARIO DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA ALUMNADO DE PRIMARIA
  • Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…)
  • Calzado axeitado para realizar exercicio físico.
  • Material de aseo: toalla pequena, xabón ou xel e outra camiseta limpa.