Neste curso levaremos a cabo un Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables que podedes consultar na web do centro no seguinte ENLACE. Unha das actividades que realizaremos será percorrer 1 Km diario ou milla para os/as máis ousados/as arredor do colexio, andando, correndo o como queiramos. Xa veredes que saudable vai ser.
Moito ánimo que podemos!!!
- Tan só require 10-15 minutos, tempo no cal a maioría dos nenos/as corren de media unha milla.
- Os nenos/as corren ao aire libre.
- Non fai falta montar nin recoller nada, nin se necesitan medios técnicos de ningún tipo.
- Non fai falta ningunha formación especial para os profesores, nin supón unha carga de traballo adicional para eles.
- Os nenos/as corren coa roupa que levan posta, polo que non se necesita equipamento especial nin se perde tempo cambiándose de roupa.
- É unha actividade social, non competitiva e divertida.
- Os nenos/as volven a clase despexados/as e listos/as para aprender.
- Contribúe a mellorar a condición física e a manter un peso saudable.
- Anima aos nenos/as a que tomen conciencia da súa saúde.
- É unha actividade plenamente inclusiva: cada neno/a, independentemente das súas circunstancias, idade ou aptitude, é capaz de completar con éxito
The Daily Mile.
No hay comentarios:
Publicar un comentario