sábado, 4 de noviembre de 2023

CROSS ZONAL - PRAIA DE LADEIRA

O xoves 11 de xaneiro celebraremos o Campionato Xogade de Campo a través para Centros Escolares 2023-24 fase zonal Primaria na Praia de Ladeira e en horario escolar, na cal participaremos co alumnado de 2º, 3º 4º, 5º e 6º de primaria.

O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia e a Agrupación Deportiva Val Miñor organizan esta competición destinada ao alumnado dos Centros Educativos participantes no programa XOGADE.

A finalidade desta actividade é a dinamización e promoción do Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado co obxectivo de loitar contra o sedentarismo.

O noso obxectivo será rematar a proba e pelexar ata o final!!!

Os horarios das diferentes probas serán: 



Tamén o domingo 3 de decembro celebrarase o XXIV Cross Escolar do Val Miñor, carreira solidaria na que podedes entregar alimentos non perecedoiros xusto antes da carreira. Podedes inscribirvos no colexio ou directamente na carreira.
Podedes consultar aquí o cartel cos horarios:


COÑECE O MEU CLUB: XIMNASIA ACROBÁTICA

Na semana do 16 ao 20 de outubro visitounos Cristina Castro Rocha, entrenadora do Gondomar Acro Club. Amosounos moitos aspectos técnicos da ximnasia acrobática e logo practicamos algunhas figuras de equilibrio. Canto hai que practicar!!! MOITAS GRAZAS, CRISTINA!!!

COÑECE O MEU CLUB: CLUB DE BOLOS NIGRÁN E CAMOS

Entre o 10 e o 13 de outubro, Leo e Jairo, adestradores do Club de Bolos Celtas de Camos e Ceán en Nigrán respectivamente, impartiron sesións de Bolos Celtas para todo o alumnado de primaria.

Os nenos e nenas desfrutaron moito e mostraron un grande interese por este deporte popular galego.

Lembráronnos a historia dos Bolos Celtas, as súas variedades e as técnicas necesarias para poder xogar e competir. 

Moitas grazas a Leo e a Jairo pola vosa dedicación e por vir ao cole de Vincios!!!