lunes, 8 de abril de 2019

XOGALOITA 4ºEP

O 3 de abril os alumnos/as de 4ºEP acudiron ao Pavillón de Baiona a desenvolver unha sesión de XOGALOITA xunto con nenos e nenas doutros centros da comarca do Val Miñor.
Fixeron varios xogos relacionados coa loita e pasárono en grande!!! 

sábado, 9 de febrero de 2019

SESIÓN DE LOITA OLÍMPICA 4ºEP

O alumnado de 4º Ed. Primaria disfrutou dunha sesión de Loita Olímpica a cargo do adestrador Juan Manuel López Pérez, do clube de Loita Olímpica de Sabarís. Foi moi divertida!!!
Máis adiante asistiremos a unha xornada no pavillón de Gondomar xunto a alumnado dos outros centros da comarca.

miércoles, 16 de enero de 2019

HABILIDADES MOTRICES: SALTOS

No seguinte vídeo, podemos apreciar un traballo de saltos con gomas elásticas e valos realizado polas alumnas e alumnos de 2ºEP e 3ºEP:

domingo, 13 de enero de 2019

XX CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR 2018-19

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar “XOGADE”, organizaron o XX Cross Escolar do Val Miñor. O día 13 de xaneiro pasamos unha xornada moi atlética e moitos nenos e nenas do cole participamos nas diferentes carreiras con outros colexios do Val Miñor.

No seguinte enlace podedes consultar máis sobre a competición e descargar moitas fotos:

https://www.facebook.com/deportes.baiona

Os atletas do noso cole que participaron foron:

Infantís: 
6ºEP: Hugo e Xesús.

Alevíns: 
5ºEP: Aroa. 
4ºEP: Alba, Mar, Carlota, Enea, Andrea, Uxía, Ivo, Iago e Adrián. 

Benxamíns: 
3ºEP: Alba, Emma, Zaira, Martiño, Xabi e Lucca, 
2ºEP: Helena, Gabriel Bratos, Ian, Asier, Alejandro Quelle, Lois, Pedro, Gael e Xaime.

Prebenxamíns: 
1ºEP: Xonxa, Leo, Claudia, Laura Meira, Iago Soto, Izan, Iago Pérez, Iker, Thiago, Xoan Liz e Teo.
6ºEI: Mara Castro, Isaac, Martín, Xoel e Arán.

Chupetes: 
5ºEI: Alicia, Alexia, Lidia, Joel, Yoel, Nico, Ilie e Yago.
4ºEI: Eva, Carlota, Sara, Iria, Anxo e Nuno.


Estamos moi orgullosos de todos vós xa que o noso obxectivo sempre é pasalo ben e intentar rematar a carreira, así que obxectivo cumprido.

Parabéns a todos os participantes polo voso esforzo e aos pais e nais por levalos!!!

jueves, 13 de diciembre de 2018

EXERCICIOS DE HABILIDADE: LANZAMENTOS, EQUILIBRIO...

Alumnos e alumnas de 1º EP nun circuíto con exercicios de habilidade: lanzamentos, bote e equilibrio.

jueves, 27 de septiembre de 2018

COÑECE O MEU CLUB: AGRUPACIÓN DEPORTIVA VINCIOS DE TENIS DE MESA



Marcos e Iván, xogadores e adestradores da Agrupación Deportiva Vincios de Tenis de Mesa estiveron hoxe na hora do recreo para realizar unha exhibición do seu deporte e para ensinarnos algúns xestos técnicos. Serán os adestradores da actividade extraescolar no cole e será gratuíta. Grazas por vir!!!



miércoles, 19 de septiembre de 2018

COÑECE O MEU CLUB: CLUB DE TENIS DE GONDOMAR


 

Resultado de imagen de Club de Tenis de GondomarAlejandro, entrenador do Club de Tenis de Gondomar, estivo con nós, para amosarnos o divertido que é o tenis. Polas tardes adestrará no cole a todos/as os que queirades practicalo. 
ANOTÁDEVOS!!!












OFERTA DEPORTIVA 2018-19

É importantísimo que realicedes unha actividade física ou un deporte pola tarde e que a vosa alimentación sexa completa e equilibrada. 

Exercicio físico + Alimentación sa= Saúde.


Busca o deporte que máis te guste!!!


Aquí tedes a oferta das Escolas Deportivas Deputación do Concello de Gondomar. En breve sairán as actividades que organiza a ANPA no colexio. Elixide a actividade que máis vos guste!!!:








BENVIDOS AO CURSO 2018-19

COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR CON MOITA ACTIVIDADE DEPORTIVA!!!

MATERIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA

• Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…)
• Calzado axeitado para realizar exercicio físico.


• ALUMNOS/AS DE 1º e 2º EP: non se duchan pero teñen que traer material para o aseo persoal: toalla pequena, xabón ou xel, outra camiseta limpa, etc.

  
• ALUMNOS/AS DE 3º, 4º, 5º e 6º EP: a ducha é obrigatoria ó finalizar a sesión: toalla, xabón ou xel, chanclas, outra  e muda limpa, etc.

jueves, 14 de junio de 2018

ATLETISMO EN PISTA 5ºEP

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria asistimos o 13 de xuño  ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra para realizar unha serie de probas de atletismo con outros colexios da provincia: 60m lisos, salto de lonxitude, 500m lisos, lanzamento de peso, lanzamento de vortex e relevos 4x60m lisos. Noraboa aos campións de 5ºEP polo esforzo!!!

martes, 5 de junio de 2018

XOGOS POPULARES DO VAL MIÑOR 2018

O venres participamos na  VIII Xornada de Xogos Populares do Val Miñor.

As actividades realizáronse no Campo das Cercas en Gondomar. Participamos colexios de Baiona, Nigrán e Gondomar.

Había vinte estacións de xogos: peóns, ras, mariolas,canicas, chaves, gomas, lombos de burro, petanca, carreira de sacos, zancos ... 

Formáronse grupos con alumnos/as de distintos centros e puidemos compartir moitas experiencias.

Clicade aquí e poderedes ver un vídeo da xornada:
http://segundociclovincios.blogspot.com/2018/06/xogos-populares.html

Que ben o pasamos!




"Xornada de Xogos Populares"

sábado, 2 de junio de 2018

FROITA NA ESCOLA 2017-18

Desde o ano 2009 a Unión Europea conta co Plan de froita nas escolas, destinado a repartir froitas e hortalizas. 


Este ano concedéronnos outra vez as axudas para distribuír froitas frescas ao alumnado e durante catro semanas repartiranse distintas froitas aos nenos/as na hora do recreo. 


do 21-25 de maio
do 28 de maio-1 de xuño
do 4-8 de xuño
do 11-15 de xuño

AliméntaTBen é un programa da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, que contribúe á mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable para o alumnado dos centros educativos galegos. O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas entre o alumnado. 

 Así que, a comer moita froitaaaaa!!!

viernes, 1 de junio de 2018

5ºEP e 6ºEP: SPINNING, PILATES, TONIFICACIÓN, NATACIÓN E XOGOS ACUÁTICOS

Un ano máis o alumnado de 6ºEP acudíu ás instalacións da Ramallosa para realizar exercicio en horario escolar: spinning, pilates, tonificación, natación e xogos na auga.
Damos as grazas á Comunidade de Montes de Vincios polo apoio a esta actividade.
No seguinte vídeo podedes ver o traballo realizado:


lunes, 7 de mayo de 2018

XXV CROSS ESCOLAR SANTA MARIÑA DE VINCIOS

O sábado 5 de maio celebramos na nosa parroquia a Festa do Deporte de Vincios onde se desenvolveron multitude de actividades para tódalas idades, desde un duathlon ata exhibicións de tiro con arco (a cargo do Club Serra de Gondomar) e canicross (Club Kennel Den). Para os máis pequenos, o Cross Escolar onde participaron arredor de 50 alumnas e alumnos do Centro. A ANPA axudou a organizar esta xornada de festa. Parabéns!!!



lunes, 30 de abril de 2018

VISITA DA ALPINISTA CHUS LAGO

O 30 de abril visitounos a alpinista Chus Lago, contounos as súas aventuras e ata chegou a emocionarnos. Entre os seus logros destacan: 

  • 1ª muller en alcanzar o Polo Sur.
  • 1ª muller española e 3ª do mundo en escalar o Everest sen axuda de osíxeno artificial.
Todos e todas fixémoslle moitísimas preguntas e a mensaxe quedou clara: "con esforzo e traballo podemos conseguir todos os nosos soños".

Grazas Chus, que día máis emotivo!!!