Imaxino
que xa teredes gañas de volver ao cole, eu bótovos moito de menos!!!
Esta situación de ter que estar en casa é nova e difícil pero seguro que pasará pronto e para iso debemos estar fortes, axudar moito en casa aos vosos familiares e nunca desanimarse!!!
Como xa vos dixen moitas veces en clase, sobre todo aos maiores, se o corpo está forte a mente tamén así que temos que activar as nosas cualidades fisico-básicas desenvolvendo, sobre todo a forza e a resistencia, e tamén adquirir uns hábitos de hixiene de lavar as mans a miúdo. E en casa se poden facer moitísimas cousas para estar sans!!!

Tedes que dedicar mínimo 1h ao día para moverse e
realizar traballo físico, non debedes pasar moito tempo sentados/as nin no
sofá, habilitade unha zona dentro das vosas casas e...
A MOVERSE!!!
Semana
do 16 ao 22 de marzo:
Vouvos
deixar enlaces de vídeos con exercicios de forza, resistencia, flexibilidade, habilidade, xogos, retos e bailes que debedes realizar en familia. É importante que nos exercicios
de forza e flexibilidade utilicedes unha boa postura para que sexan efectivos. Acordádevos,
é mellor realizar unha prancha de cóbados que dure 15 segundos coas costas ben rectas que unha que dure máis tempo e mal executada.
Os máis pequenos/as pedide axuda en casa. Vale calquera tipo de exercicio, deporte, baile, xogo ou reto. Podedes gravarvos e logo ver a sesión que realizades. É divertido, xa veredes!!!
Os máis pequenos/as pedide axuda en casa. Vale calquera tipo de exercicio, deporte, baile, xogo ou reto. Podedes gravarvos e logo ver a sesión que realizades. É divertido, xa veredes!!!
Semanas seguintes:
Tedes que idear unha sesión con exercicios, xogos, habilidades... que poidades realizar en casa ou tamén unha táboa de exercicios físicos que siga a seguinte estrutura, por exemplo:
1) Quecemento
pequeno (mobilidade articular).
2) Exercicios
de forza nas que interveñan diferentes partes do corpo: tronco, brazos, pernas,...
3) Algúns xogos que se poidan facer dentro de casa e en familia (sen estragar
cousas, que nos coñecemos).
4) Exercicios
de volta a calma: flexibilidade, xogo calmado, exercicios de relaxación e/ou
respiración.
Esta sesión física que máis vos gustou facer, podedes debuxala en 1-2 folios (1ºEP e 2ºEP pedide axuda familiar) e entregarma cando se reanuden as clases. Podedes sacar ideas, mirando os vídeos dos compañeiros/as que se publicarán e que agora explicarei.
Vídeos voluntarios: Precisamos axuda das familias xa que hai que gravar a sesión creada en vídeo ou parte dela, ou algún exercicio, xogo, habilidade, baile, reto... realizado e subilo a algunha nube (Google Drive, ...). Pasádeme o enlace para compartir cos demais dentro deste blogue por medio do correo electrónico ou pola aplicación AbalarMóbil. Será unha forma de estar en contacto todos e todas e poder ver como traballamos fisicamente cada un de nós na nosa casa.

O venres 20 de marzo mandarei unha mensaxe pola aplicación AbalarMóbil ás vosas/os nais e pais na que poderedes reenviarme o enlace xunto co nome do alumno/a e curso. Tamén pode ser por mail. Eu subirei ditos enlaces a este blogue co nome do alumno/a e o curso.
A partir de aí poderedes ver moitas variantes de sesións e xogos que realizan os vosos compañeiros/as na casa.
A partir de aí poderedes ver moitas variantes de sesións e xogos que realizan os vosos compañeiros/as na casa.
ANIMÁDEVOS MOITO E A REALIZAR EXERCICIO
FÍSICO "#QUÉDATE EN CASA"!!!
Grazas por participar e ánimo a todas as familias!!!
Grazas por participar e ánimo a todas as familias!!!
ACTIVIDADE FÍSICA EN CASA:
Aquí tedes unha serie de enlaces de vídeos para sacar información, así que, a investigar e a ser creativos/as. Moito ánimo e acordádevos de enviar os vídeos!!!
- Quecemento:
Importancia do quecemento.
As fases do quecemento
- Corentena con exercicio en casa:
Exemplo na casa
Entrena en casa
Axilidade en casa
Circuíto de exercicios en casa
Xogos orixinais en casa
Actividades Educación Física para realizar en casa
Empezamos? #Día1#quedateencasa #yomequedoencasa
Tes unha cadeira? #Día2 #quedateencasa #yomequedoencasa
As zapatillas nos xeonllos! #Día3 #quedateencasa
Adestramento Funcional para nenos/as en casa 1
Adestramento Funcional para nenos/as en casa 2
Cardio para nenos e nenas
- Exercicios e entrenamento para nenos/s:
Exercicios físicos para nenos e nenas
Adestramento para nenos/as
Máis adestramento para nenos e nenas
![]() |
Estiramentos |
- Yoga para nenos/as:
Saúdo ao Sol e Yoga con animais
Posturas de animais
Yoga en inglés para nenos
Yoga para niños - Juegos y canciones infantiles
Clase completa de suelo
Con pelota
- Algún baile:
#QuédateEnCasa e a bailar !!
"Dance Monkey" Zumba Kids Choreography
Zumba Kids with Yana - "Ghostbusters"
COREOKDS - el baile del cuerpo
CantaJuego - Levantando las Manos
Head Shoulders Knees & Toes
Baile de "Caballo Dorado" e Canción de "Caballo Dorado"
- Canción combinada con exercicios:
Cabeza, Ombreiros, Xeonllos e Pés
- TV2 "Muévete en casa": Programa diario de televisión en horario de 9h a 9,30h para realizar exercicio físico na casa de forma sinxela e diferenciados por idades, conducido polo profesor de fitness de OT, Cesc Escolà.
https://www.rtve.es/directo/la-2/
- Retos que se poden realizar en casa:
Cartas corredoras
Con papel hixiénico
Malabares
Raqueta
- Retos que se poden realizar en casa:
Cartas corredoras
Con papel hixiénico
Malabares
Raqueta
HÁBITOS DE HIXIENE:
Non esquezas ducharte sempre despois de realizar exercicio físico aínda que sexa en casa.
Non esquezas ducharte sempre despois de realizar exercicio físico aínda que sexa en casa.
Se temos algún familiar contaxiado/a coa enfermidade do coronavirus, non teñades medo, podemos convivir aplicando unha serie de medidas hixiénicas na casa:
No hay comentarios:
Publicar un comentario