Coma todos os anos, en abril e maio acudimos ás instalacións da Piscina do Val Miñor a realizar actividade física nun entorno distinto ao habitual:
- Spinning
- Tonificación
- Pilates
- Natación
- Habilidades e destrezas acuáticas
- Xogos acuáticos
Aprendemos a utilizar unha instalación deportiva con outros usuarios, tendo un comportamento excelente. Durante 8 sesións melloramos a forza, a resistencia, o equilibrio, os saltos e a coordinación:
- 1 sesión de 20 minutos onde combinamos SPINNING con exercicios de propiocepción típicos de PILATES traballando a resistencia, o equilibrio e a forza.
- 1 sesión de 20 minutos de spinning.
- 1 sesión de 45 minutos dentro da auga para mesturar a NATACIÓN con XOGOS E HABILIDADES MOTRICES dentro da auga.
Isto é posible grazas á financiación da COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS que aposta todos os anos pola educación dos nenos e nenas da parroquia.
PARABÉNS A TODOS OS ALUMNOS/AS POLO ESFORZO AMOSADO!!!
Vídeo de natación, habilidades e destrezas e xogos acuáticos:
Vídeo de spinning, tonificación e pilates:
Vídeo de natación, habilidades e destrezas e xogos acuáticos:
Vídeo de spinning, tonificación e pilates:
Vídeo do último día: tobogán xigante e basket acuático:
No hay comentarios:
Publicar un comentario