
Moitas gañas que temos de vernos xa nas clases de educación física.
Este curso vai ser algo especial xa que debemos ter en conta a situación da Covid-19 e manter unhas normas distintas pero seguro que seremos capaces de divertirnos.
O material que debemos traer:

- - Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…).
- - Calzado axeitado para realizar exercicio físico. Evitade as zapatillas de loneta xa qu
e non protexen ben o pé. - - Este ano non poderemos ducharnos e iremos de 2 en 2 aos aseos para lavarnos e mantendo o distanciamento. Os que queiran traer algunha camiseta para cambiarse, poden facelo. Utilizaremos xabón do centro, panos desbotables, toalliñas húmidas e papeleira de pedal. E xa por último, botaremos xel outra vez.
- - É conveniente que non traiades xoias, pulseiras, reloxos, pendentes, cadeas, ou calquera outro elemento que poida ser perigoso.

- - O uso da máscara é obrigatoria.
- - Botaremos xel hidroalcohólico ao entrar en clase de EF e ao subir ás aulas despois do aseo persoal.
- - Intentaremos evitar o contacto físico, aínda que sabemos que é dificil.
- - Na medida do posible, evitar tocar os ollos, o nariz e a boca e no caso de facelo, realizar un lavado previo de mans.
Moito ánimo e a facer exercicio que é moi importante!!!