Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria asistimos o 13 de xuño ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra para realizar unha serie de probas de atletismo con outros colexios da provincia: 60m lisos, salto de lonxitude, 500m lisos, lanzamento de peso, lanzamento de vortex e relevos 4x60m lisos. Noraboa aos campións de 5ºEP polo esforzo!!!
jueves, 14 de junio de 2018
martes, 5 de junio de 2018
XOGOS POPULARES DO VAL MIÑOR 2018
O venres participamos na VIII Xornada de Xogos Populares do Val Miñor.
As actividades realizáronse no Campo das Cercas en Gondomar. Participamos colexios de Baiona, Nigrán e Gondomar.
Había vinte estacións de xogos: peóns, ras, mariolas,canicas, chaves, gomas, lombos de burro, petanca, carreira de sacos, zancos ...
Formáronse grupos con alumnos/as de distintos centros e puidemos compartir moitas experiencias.
Clicade aquí e poderedes ver un vídeo da xornada:
http://segundociclovincios.blogspot.com/2018/06/xogos-populares.html
Que ben o pasamos!
"Xornada de Xogos Populares"
sábado, 2 de junio de 2018
FROITA NA ESCOLA 2017-18
Desde o ano 2009 a Unión Europea conta co Plan de froita nas escolas, destinado a repartir froitas e hortalizas.


Este ano concedéronnos outra vez as axudas para distribuír froitas frescas ao alumnado e durante catro semanas repartiranse distintas froitas aos nenos/as na hora do recreo.
do 21-25 de maio
do 28 de maio-1 de xuño
do 4-8 de xuño
do 11-15 de xuño
AliméntaTBen é un programa da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, que contribúe á mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable para o alumnado dos centros educativos galegos. O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas entre o alumnado.
Así que, a comer moita froitaaaaa!!!
viernes, 1 de junio de 2018
5ºEP e 6ºEP: SPINNING, PILATES, TONIFICACIÓN, NATACIÓN E XOGOS ACUÁTICOS
Un ano máis o alumnado de 6ºEP acudíu ás instalacións da Ramallosa para realizar exercicio en horario escolar: spinning, pilates, tonificación, natación e xogos na auga.
Damos as grazas á Comunidade de Montes de Vincios polo apoio a esta actividade.
No seguinte vídeo podedes ver o traballo realizado:
No seguinte vídeo podedes ver o traballo realizado:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)