lunes, 14 de septiembre de 2020

INICIO DO CURSO 2020-21: MATERIAL PARA AS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA

Benvidos e benvidas!!!

Moitas gañas que temos de vernos xa nas clases de educación física.
Este curso vai ser algo especial xa que debemos ter en conta a situación da Covid-19 e manter unhas normas distintas pero seguro que seremos capaces de divertirnos.
O material que debemos traer:
  • - Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…).
  • - Calzado axeitado para realizar exercicio físico. Evitade as zapatillas de loneta xa qu
    e non protexen ben o pé.
  • - Este ano non poderemos ducharnos e iremos de 2 en 2 aos aseos para lavarnos e mantendo o distanciamento. Os que queiran traer algunha camiseta para cambiarse, poden facelo. Utilizaremos xabón do centro, panos desbotables, toalliñas húmidas e papeleira de pedal. E xa por último, botaremos xel outra vez.
  • - É conveniente que non traiades xoias, pulseiras, reloxos, pendentes, cadeas, ou calquera outro elemento que poida ser perigoso.
Algunhas normas a ter en conta que xa explicamos en clase son:
  • - O uso da máscara é obrigatoria.
  • - Botaremos xel hidroalcohólico ao entrar en clase de EF e ao subir ás aulas despois do aseo persoal.
  • - Intentaremos evitar o contacto físico, aínda que sabemos que é dificil.
  • - Na medida do posible, evitar tocar os ollos, o nariz e a boca e no caso de facelo, realizar un lavado previo de mans. 

Moito ánimo e a facer exercicio que é moi importante!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario