domingo, 19 de enero de 2020

XXI CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR 2019-20

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona e a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, organizaron o día 19 de xaneiro o XXI Cross Escolar do Val Miñor.  Participamos dunha xornada moi deportiva con moitos nenos e nenas do colexio. 

O número de participantes inscritos nesta edición foi de 636 participantes repartidos entre as distintas categorías: Chupetes, PreBenxamín, Benjamín, Alevín, Infantil e Cadete.

No seguinte enlace podedes consultar máis sobre a competición e descargar moitas fotos: https://www.facebook.com/deportes.baiona

Parabéns a todos os participantes polo voso esforzo e ás nais e pais por levalos!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario