jueves, 15 de junio de 2017

XORNADA DE XOGOS POPULARES PARA OS ESCOLARES DA COMARCA DO VAL MIÑOR

Alumnos e alumnas de toda a comarca participaron o xoves 1 de xuño na xa tradicional xornada de xogos populares, celebrada no campo municipal das Cercas, en Gondomar.
Os nenos e nenas, acompañados polo profesorado, puideron recuperar vinte xogos populares: o trompo, a ra, o cacho ou Mariola, as bólas, a chave, brancos e negros, a goma, os lombos ou mula, as lámpadas, a corda, o marro ou palma, o pano, a petanca, a carreira de sacos, empuxar a corda, os aros, os chineses, as chapas e o pai, fillo, nai.
Cada un dos vinte xogos era unha estación, así que os nenos e nenas tiñan que mostrar as súas habilidades e estar preparado para cambiar de estación cada sete minutos, co son dunha bucina.
Este evento organizouse a través dos Equipos de Normalización Lingüística dos colexios, que pretende crear un espazo onde os nenos e nenas poidan compartir o galego como lingua para intercambiar as experiencias vividas nas xornadas, á vez que se fomenta o espírito deportivo e os hábitos saudables.


No hay comentarios:

Publicar un comentario