jueves, 30 de marzo de 2017

XORNADA DE APROXIMACIÓN AO JUDO

Este mércores, 29 de marzo, asistimos a unha Xornada de Judo no Pavillón de Gondomar.
Realizamos xogos guiados, con xestos respectuosos de presentación e agradecemento.
Os exercicios, sempre de colaboración e non de oposición, favoreceron a actividade cooperativa, a empatía e a socialización.
Os especialistas na actividade, mestres e campións de Judo, explicáronnos como prever lesións, xa que se trata de transmitir un concepto novo de práctica deportiva baseado na loita, pero con fins unicamente deportivos e lúdicos.

Fixemos unha foto co campión de Judo, Miguel Romero Azpitarte



No hay comentarios:

Publicar un comentario