viernes, 11 de abril de 2025

XXXI CROSS ESCOLAR STA. MARIÑA DE VINCIOS

O XXXI Cross Escolar Sta. Mariña de Vincios, terá lugar o Sábado, 17 de Maio de 2025 a partires das 16:30 h., no campo de fútbol de A Pasaxe en Vincios.

Todos e todas as que queirades participar tede en conta que o prazo para inscribirse remata o XOVES, 15 de MAIO, e podedes facelo cubrindo o Boletín e entregalo no Colexio, ou por email: manolovincios@gmail.com ou no tef. 699 67 00 85 (Manolo).

Tedes toda a información no seguinte cartel da proba:



jueves, 27 de marzo de 2025

TONIFICACIÓN E HABILIDADES ACUÁTICAS

Outro ano máis no que acudimos no mes de marzo ás instalacións de Instinto Deportivo no CUVI a realizar un traballo de tonificación (ximnasio, spinning, circuíto de forza, zumba,...) e de habilidades acuáticas a base de desprazamentos, saltos e xogos dentro da auga.

Damos as grazas á nosa querida Comunidade de Montes de Vincios por estar sempre tan receptivos co centro educativo, e subvencionar integramente esta actividade, a entrada ao ximnasio e os desprazamentos. 

Tamén queremos destacar ao persoal de Instinto Deportivo do CUVI por tratarnos tan ben e por aprender tanto deles.

Cada ano o pasamos mellor!!!

Nos seguintes vídeos podemos ver o desenvolvemento da actividade: